Ánxeles Cuña
Aparencia
(Redirección desde «Ánxeles Cuña Bóveda»)
Ánxeles Cuña en 2018. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, dramaturga |
Premios | |
Ánxeles Cuña Bóveda, nada en Pontevedra o 16 de febreiro de 1957[1], é unha dramaturga e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, así como diplomada pola Escola de Expresión de Barcelona. Traballou como Profesora de Actividades e impartiu clases de Lingua e Literatura no IES Universidade Laboral.
Foi a fundadora do grupo teatral Sarabela.
En agosto de 2016 acadou o primeiro posto nas primarias de En Marea pola provincia de Ourense para optar a deputada do Parlamento de Galicia[2], e foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É neta de Alexandre Bóveda.
Obra teatral
[editar | editar a fonte]Como directora
[editar | editar a fonte]- 1990, Madame de Sade, de Mishima.
- 1992, As sillas!!, de Ionesco.
- 1993, Xacobe e o seu amo, de Milan Kundera.
- 1994, Cama dous por dous para dous, de Sergi Belbel.
- 1996, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor (Adap. Couceiro-Muñoz).
- 1997, Afección, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz.
- 1998, Tics, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz.
- 1999, Os soños de Caín, Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz.
- 1999, Romance de Micomicón e Adhelala, E. B. Amor.
- 2000, O lápis do carpinteiro, de Manuel Rivas (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja).
- 2001, Sexismunda, de Pedro Calderón de la Barca. (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja).
- 2001, A illa amarela, de Paloma Pedrero. (Adap. Ánxeles Cuña).
- 2002, A conxura dos necios, John Kennedy Toole. (Adap. Ánxeles Cuña).
- 2003, Así que pasen 5 años, de Federico García Lorca. (Adap. Ánxeles Cuña).
- 2004, A Rolda de caricias, de Sergi Belbel, baseado na Rolda de Arthur Schnizler.
- 2004, A gata con botas, de Ánxeles Cuña Bóveda.
- 2005, O heroe, de Manuel Rivas.
- 2006, Rebentado, de Sarah Kane (Adaptación e dirección da lectura dramatizada).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Celestina (da crítica de Madrid) pola obra Romance de Micomicón e Adhelala.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha na páxina web de Sarabela Teatro.
- ↑ "Candidaturas de En Marea en 2016.". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016. Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ "María de los Ángeles Cuña Bóveda". parlamentodegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 31-05-2020. Consultado o 5-6-2020. Arquivado 31-05-2020 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Ánxeles Cuña
- Ficha da autora Arquivado 12 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en muestrateatro.com. (en castelán)
- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.