Saltar ao contido

Sarah Kane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Kane
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Brentwood, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
King's College Hospital, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, enforcamento Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Bristol (pt) Traducir (1989–1992)
Universidade de Birmingham
Shenfield High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga, escritora, autora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Kane, Sarah, 1971-1999, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1113279 IBDB: 71135
BNE: XX1313100 Musicbrainz: a2c626ea-7007-4dd9-897b-387e5140d88d Discogs: 1064570 Editar o valor en Wikidata

Sarah Kane, nada en Essex o 3 de marzo de 1971 e finada en Londres o 20 de febreiro de 1999, foi unha dramaturga inglesa. A súa obra foi traducida ao alemán, francés, italiano, castelán, catalán, polaco, grego, danés, portugués, neerlandés, romanés e ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla dunha parella de xornalistas. O seu pai era xefe de redacción do xornal Daily Mirror na área oriental.

Na adolescencia comezou a súa afección polo teatro, época na que formou parte dun grupo de teatro afeccionado como directora, levando a escena obras de autores como Anton Chekhov ou William Shakespeare. Cursou os seus estudos universitarios de Arte Dramática na Universidade de Bristol, onde se licenciou con matrícula de honra. Se ben pensara en converterse en actriz ou directora, empezou a decantarse pola escritura. As súas influencias literarias eran moi variadas, con predilección por Edward Bond, Samuel Beckett, Howard Brenton e Georg Büchner.

En 1994 escribiu o seu primeiro texto Sick, unha triloxía de monólogos, cuxos temas centrais son a violación, a bulimia e a sexualidade. Este tres argumentos, xunto á dor, a crueldade, a tortura e o amor, foron os seus eixos creadores. Durante este período, Kane xa padeceu síntomas de depresión que a levou a terminar coa súa vida.

En 1995 estreou en Londres a obra Blasted, que suscitou un auténtico escándalo por boa parte da crítica, acusándoa de obscena e violenta. Con todo, dramaturgos consagrados como Edward Bond ou o Premio Nobel de Literatura 2005 Harold Pinter, defenderon publicamente a obra e consideraron a súa autora como unha das dramaturgas crecidas na era Thatcher con maior proxección. Esta obra iniciou unha xira por Europa e foi traducida a outras linguas.

En 1996 estreou Phaedra's Love, un texto nado dentro dun proxecto de reescritura de tema mitolóxicos que promoveu o Gate Theatre de Londres. Conta a historia de Fedra en clave pop, pero con referencias á familia real inglesa. A propia autora dirixiu a obra, cun estilo e a sensibilidade poética de seu.

Ademais das obras anteriores, dirixiu unha montaxe de Woyzeck de Georg Büchner para un festival dedicado expresamente ao dramaturgo alemán. Tamén escribiu o guión da curtametraxe Skin (Vicent O'Connell, 1995), producida e emitida por Chanel 4.

Aínda que en público Sarah Kane adoitaba mostrarse aberta, dinámica e lúcida, a autora atopábase cada vez máis dominada pola depresión maníaca que padecía. En 1998 estreou dúas obras que trataban sobre a violencia de psiquiatras e a dor de enfermos con trastorno mental.

En abril presentou Cleansed, texto dedicado aos pacientes e ao persoal do Es3, división de hospital psiquiátrico onde cada vez era ingresada con maior regularidade. En agosto estreou Crave co pseudónimo de Marie Kelvedon, onde os personaxes viven con dor os seus trastornos, as súas angustias e a súa soidade.

En xaneiro de 1999, Sarah Kane ingresou voluntariamente no Maudsley Hospital de Londres, mentres a crítica loaba o seu talento. Cada vez máis enferma, Sarah escribiu para desafogarse un monólogo onde envorca toda a súa desesperación, o seu desexo de vida e amor, pero que só acha unha saída no suicidio. O monólogo, 4.48 Psychosis, fai referencia á hora en que máis suicidios se cometen segundo as estatísticas inglesas, pois esa é a hora aproximada na que acaban os efectos dos fármacos tomados a noite anterior. A obra mostra que é o que pasa pola mente dunha persoa cando xa non distingue o real do imaxinario, os recordos da fantasía, os soños dos pesadelos.

Tras rematar o texto, Sarah Kane tentou suicidarse tomando 150 pastillas antidepresivas e 50 somníferos, pero foi atopada a tempo e trasladada ao King's College Hospital. Tres días despois, durante unhas horas en que estivo soa, aforcouse no baño cos cordóns dos seus zapatos. Acababa de cumprir 28 anos dúas semanas antes. 4:48 Psychosis foi representada de forma póstuma en xuño de 2000, e en 2001, o Royal Court Theatre dedicou unha tempada enteira a repor todas as súas obras.

  • Blasted (1995)
  • Skin (guión, 1995)
  • Phaedra´s Love (1996)
  • Cleansed (1998)
  • Crave (1998)
  • 4.48 Psychosis (1999)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aleks Sierz (2001): In-yer-face: British drama today. Londres : Faber & Faber