Saltar ao contido

Georg Büchner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorg Büchner

(década de 1930) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1813 Editar o valor en Wikidata
Goddelau, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1837 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteTifo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZürich Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Giessen (1833–)
University of Strasbourg (en) Traducir (1831–1833) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, revolucionario, escritor, filósofo, naturalista, poeta, médico escritor, dramaturgo, médico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1834 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
PaisErnst Büchner Editar o valor en Wikidata  e Karoline Reuss Editar o valor en Wikidata
IrmánsLudwig Büchner
Alexander Büchner
Wilhelm Büchner
Luise Büchner Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0127253 Allocine: 72001 Allmovie: p316265 IBDB: 5766
BNE: XX867975 Musicbrainz: 0f4dc6e8-1f86-4aa1-901f-556a51ceda1d Discogs: 690132 IMSLP: Category:Büchner,_Georg WikiTree: Büchner-154 Find a Grave: 10646805 Editar o valor en Wikidata


Karl Georg Büchner, nado en Riedstadt 17 de outubro de 1813 e finado en Zürich o 19 de febreiro de 1837, foi un escritor, naturalista e revolucionario alemán, considerado un dos máis grandes escritores da era Vormärz, irmán do médico e filósofo Ludwig Büchner.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade de Goddelau, agora integrada en Riedstadt, daquela no Gran Ducado de Hesse, fillo do médico Ernst Büchner, que fora cirurxián nos exército de Napoleón. En 1816 a familia mudouse a Darmstadt, ao contratar a cidade ao pai de Büchner como médico da cidade e do hospital[1];

Büchner estudou na academia do teólogo Carl Weitershausen, onde recibiu unha formación humanística, cun importante énfase nas linguas, francés, latín e grego. A partir de 1825 continuou os estudos no Paedagogium Darmstadium, que daba grande énfase á formación clásica, ademais de francés, latín e grego tamén aprendeu italiano. En 1831 comezou os seus estudos de medicina en Estrasburgo, e alí comezou a se interesar tamén pola literatura francesa e mailo pensamento político. En especial exerceron influencia nel as teorías do socialismo utópico de François-Noël Babeuf e Claude Henri de Saint-Simon. En 1833 pasou a Gießen para continuar os seus estudos na universidade local.

Entrementres Büchner continuaba os seus estudos, estableceu, xunto a varios compañeiros de Darmstadt que estudaban en Gießen e outros estudantes, unha sociedade secreta, seguindo o modelo francés, dedicada á causa revolucionaria. En xullo de 1834, coa colaboración do teólogo evanxélico Friedrich Ludwig Weidig, publicou o panfleto revolucionario Der Hessische Landbote, crítico coas inxustizas sociais no Gran Ducado de Hesse. Acusado polas autoridades de traizón, arrestaron a Weidig, que morreu en prisión despois de sufrir torturas.

Mentres, Büchner conseguía fuxir a Estrasburgo, onde escribiu a maioría da súa obra literaria e traduciu dúas pezas do literato francés Victor Hugo, Lucrèce Borgia e Marie Tudor. Dous anos despois publicou a disertación médica , "Mémoire sur le Système Nerveux du Barbeaux (Cyprinus barbus L.)". En outubro de 1836, despois de recibir o seu doutoramento, foi designado pola Universidade de Zürich como profesor de anatomía. Alí pasou os seus derradeiros meses escribindo e ensinando ata o seu pasamento por tifo aos vinte e tres anos de idade.

Tumba de Georg Büchner no Germaniahügel en Zürich-Oberstrass.

A súa primeira peza teatral Dantons Tod, sobre a Revolución Francesa, publicouse en 1835. Seguiulle Lenz, un fragmento de novela baseada na vida do poeta Jakob Michael Reinhold Lenz e publicada por primeira vez parcialmente na Deutsche Revue de Karl Gutzkow e Wienberg. En 1836 escribiu a súa segunda peza teatral Leonce und Lena, na que satiriza á nobreza. A súa obra máis coñecida, que quedou inconclusa, é Woyzeck, notable por extraer os seus principais personaxes da clase traballadora.

Contra 1870 Büchner estaba case totalmente esquecido en Alemaña, ata que Karl Emil Franzos editou as súas obras, que máis tarde exerceron unha importante influencia nos movementos naturalista e expresionista. Arnold Zweig describiu a Lenz, a única obra de Bücher de ficción en prosa, como o comezo da prosa europea moderna.

Alban Berg adaptou Woyzeck, nunha ópera Wozzeck que estreou en 1925 e Werner Herzog nun filme, Woyzeck, en 1979.

O premio literario máis importante de Alemaña, o Premio Georg Büchner, leva o seu nome. Creado en 1923, concédese anualmente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]