John Kennedy Toole
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1937 ![]() Nova Orleáns, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 26 de marzo de 1969 ![]() Biloxi, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | suicidio, Intoxicación ![]() |
Lugar de sepultura | Greenwood Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade Columbia Alcee Fortier High School (en) ![]() Tulane University (pt) ![]() Tulane University School of Liberal Arts (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria ![]() |
Ocupación | escritor, catedrático, guionista, militar, novelista, xornalista ![]() |
Período de actividade | 1953 ![]() |
Empregador | Tulane University (pt) ![]() Hunter College Universidade de Luisiana em Lafayette (pt) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América ![]() |
Rango militar | soldado ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Nai | Thelma Toole ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
John Kennedy Toole, nado en Nova Orleáns (Luisiana) o 17 de decembro de 1937 e finado en Biloxi (Mississippi) o 26 de marzo de 1969, foi un escritor estadounidense, autor da novela A conxura dos necios, obra gañadora do Premio Pulitzer de ficción en 1981. Suicidouse en 1969 aos 31 anos tras non conseguir publicar esta novela, sendo editada con enorme éxito en 1980 grazas á insistencia de súa nai, Thelma Toole. Tamén escribiu The Neon Bible aos dezaseis anos, novela que Toole non intentou publicar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de John e Thelma Toole, tivo unha infancia bastante sobreprotexida en Nova Orleáns, dominado por súa nai Thelma Ducoing Toole, a cal non lle deixaba xogar con outros nenos. Foi un bo estudante. Tras graduarse na Universidade de Tulane, realizou un graduado superior en lingua inglesa na Universidade de Columbia, e logo pasou un ano como profesor asistente de inglés na Universidade do Suroeste de Luisiana (actualmente a UL Lafayette) en Lafayette, Luisiana. Despois trasladouse a Nova York para ocupar un posto de profesor no Colexio Hunter. Tamén dedicou algo de tempo en sacarse un doutoramento en Columbia, aínda que non o acabou porque tivo que acudir a filas no Exército dos Estados Unidos en 1961 Serviu dous anos en Porto Rico, ensinándolles inglés aos recrutas hispanofalantes en Fort Buchanan.
Despois deste tempo no exército, Toole regresou a Nova Orleáns para vivir cos seus pais e dar clases no Dominican College. Pasou tempo deambulando polo Barrio Francés con músicos, e, polo menos nunha ocasión, axudoulle a un amigo músico co seu segundo traballo vendendo tamais nun posto na rúa. Despois de se graduar con honores na universidade de Tulane, traballou brevemente nunha fábrica de roupa masculina. Ambos os escenarios xogaron un importante papel na realización da súa novela A conxura dos necios.
Toole enviou o seu manuscrito da novela A conxura dos necios a Simon and Schuster. Despois dun interese positivo inicial polo libro, o editor rexeitouno, dicindo que o libro "non trataba realmente de nada", aínda que realmente a razón principal da negativa era que a novela metía demasiado o dedo na chaga. Toole comezou a deteriorarse rapidamente logo de perder a esperanza de ver publicado o seu libro, que el consideraba unha obra mestra. Comezou a beber e a descoidar as súas actividades profesionais, deixou de ensinar nas clases de Tulane, e acabou caendo nunha profunda depresión.
Toole matouse o 26 de marzo de 1969, despois de desaparecer de Nova Orleáns, poñendo un extremo dunha mangueira no tubo de escape do seu coche e o outro na ventá do condutor. A nota de suicidio que deixou foi destruída pola súa nai, que fixo declaracións confusas sobre o seu contido. Foi enterrado no cemiterio de Greenwood en Nova Orleáns.
Algúns biógrafos propuxeron que un factor na súa depresión era a confusión sobre a súa sexualidade. Un amigo opinou que a súa dominante nai non lle permitiu abrir os seus sentimentos cara a ningunha muller. Outros coñecidos e parentes de Toole desaproban a idea de que fora homosexual.
Despois da morte de Toole, súa nai insistiulle ao autor Walker Percy para que lese o manuscrito de A conxura dos necios, tarefa á que finalmente cedeu, apaixonándose polo libro e escribíndolle o prólogo na súa primeira publicación en 1980.