Walker Percy
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1916 ![]() Birmingham, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 10 de maio de 1990 ![]() Covington, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | cancro de próstata ![]() |
Lugar de sepultura | Luisiana - Louisiana ![]() |
Residencia | Birmingham Luisiana - Louisiana ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Columbia University Vagelos College of Physicians and Surgeons (en) ![]() Universidade Columbia Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Greenville High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filósofo, novelista, médico ![]() |
Empregador | Universidade Estatal de Luisiana ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio ![]() |
Influencias | |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Walker Percy, nado en Birmingham (Alabama) o 28 de maio de 1916 e finado en Covington (Louisiana) o 10 de maio de 1990, foi un novelista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia en Mississippi. Tras licenciarse na Universidade de Carolina do Norte en 1937, ingresou na Universidade de Columbia onde, en 1941, obtivo o título de doutor en Medicina. Cando traballou como patólogo contraeu tise e mentres se recuperaba da enfermidade leu a Kierkegaard e Dostoievski, autores que influirían na súa obra posterior, decidiu converterse ao catolicismo e comezar a súa carreira como escritor.
Percy publicou o bestseller A conxura dos necios de John Kennedy Toole, pois foi empeño seu que se editase un libro que tiña sido rexeitado por moitas editoriais, e que finalmente acadaría ao número un da listas de vendas de gran cantidade de países.
Autor de nove libros, a súa primeira gran novela foi The Moviegoer de 1961, onde introduciu o seu concepto de indisposición, que mereceu o National Book Award. Despois escribiu Love in the Ruins: The Adventures of a Bad Catholic at a Time Near the End of the World en 1971, The Second Coming en 1980 e The Thanatos Syndrome en 1987.