Árbore (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo árbore pódese referir a:
Botánica
[editar | editar a fonte]- Árbore, planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
Tipos:
Especies:
- Árbore da vida (Thuja orientalis)
- Árbore da rabia (sangomiño)
- Árbore de fume (Cotinus coggygria)
- Árbore do amor
- Árbore do nim
- Árbore das tulipas
- Árbore da cola (Cola acuminata)
- Árbore do pan
- Árbore do ceo
- Árbore do paraíso
- Árbore da laca (Butea monosperma).
- Árbore do caucho:
- Árbore das bruxas, castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum)
- Árbore de Santo Outelo, árbore de Santo Eutelo, cinamomo (Melia azedarach).
- Árbore de Xúpiter (Lagerstroemia indica)
- Árbore dos amorodos, (Cornus capitata)
- Árbore do fogo, (Metrosideros excelsa)
- Árbore da seda, (Albizia julibrissin).
Exemplos de árbores de sona:
- Árbore de Gernika, árbore sagrada vasca.
- Árbore Branca de Gondor, árbore imaxinaria do Universo Tolkien.
- Árbore do Teneré, a árbore máis illada do mundo.
- Árbore da vida, árbore artificial do parque Disney World.
Representación
[editar | editar a fonte]Gráfico descritivo que segue a estrutura típica dunha árbore, coma:
- Árbore en teoría de grafos, un grafo conexo sen ciclos;
- Árbore en programación, unha estrutura de datos baseada na estrutura topolóxica;
- Árbore filoxenética, unha representación das relacións evolutivas entre varias especies ou outras entidades que se cre que teñen unha ascendencia común;
- Árbore xenealóxica, figura en forma de árbore onde se detallan os nomes dos individuos dunha ou máis familias pertencentes a un tronco común e onde se describen de maneira gráfica as relacións de ascendencia ou descendencia existentes entre eles.
Mecánica
[editar | editar a fonte]Chámase árbore ou eixo ao elemento empregado para transmitir un movemento de rotación, coma:
- Árbore de transmisión, todo obxecto axisimétrico especialmente deseñado para transmitir potencia;
- Árbore de hélice, nun barco a árbore de transmisión entre o motor e a hélice; ou a
- Árbore de levas, eixo que fai xirar unha ou máis levas, destinado a transmitir o movemento a unha máquina.
Náutica
[editar | editar a fonte]- Árbore, poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc. Mastro, pau.
Anatomía
[editar | editar a fonte]- Árbore bronquial, conxunto formado polos bronquios coas súas ramificacións. Árbore respiratoria.
- Árbore traqueobronquial.
Outros
[editar | editar a fonte]- Árbore, colección da Editorial Galaxia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de árbore |