Saltar ao contido

Érguete!!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Érguete!!
Álbum de Xenreira
Publicado1997
Xénero(s)ska, punk rock, reggae
Selo(s)Edicións do Cumio
ProdutorKaki Arkarazo
editar datos en Wikidata ]

Érguete!! é o único álbum de estudio da banda galega de ska Xenreira, editado no ano 1997 a través de Edicións do Cumio. O disco foi gravado en só tres días baixo a produción de Kaki Arkarazo, membro de Negu Gorriak e Nación Reixa. No álbum colaboran distintos músicos como Uxía Pedreira e Ramón Piñeiro da banda Chouteira, Mini de Fuxan os Ventos e o Serxio de Nen@s da Revolta[1].

O tema "Acción Galega" é un poema do libro Da terra asoballada de Ramón Cabanillas.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
1. "Alalás"   4:01
2. "Onde a loita se chama Encrobas"   3:12
3. "Radio Skarnio"   3:56
4. "Ozono"   3:19
5. "A Reixa"   2:53
6. "Viva a nosa unión"   4:22
7. "Mil nove 36"   3:25
8. "Acción Galega" (adaptación do poema de Ramón Cabanillas) 2:39
9. "Érguete"   3:24
10. "O pobo é quen máis ordena"   2:58
11. "Recluso 241"   3:03
12. "Mesmo berce, mesma loita"   4:26