Óscar Graña
Óscar Graña, na parte de atrás do C2, co seu compañeiro Ramón Ferro | |
Nome orixinal | Óscar Graña Blanco |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1976 (48 anos) Pontevedra, España |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | Piragüismo |
Óscar Graña Blanco, nado en Pontevedra en 1976, é un piragüista galego que compite na modalidade de maratón. É o deportista español máis laureado nesta disciplina,[1] con trece medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2004 e 2018, e dez medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2003 e 2018.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asociouse ao arousán Ramón Ferro, co que comezou a competir en probas de C-2. A súa primeira cita importante foi o Mundial de Zamora en 2002, onde quedaron quintos,[4] e en 2003 lograron a súa primeira medalla no Campionato de Europa, ao remataren en segunda posición. En 2004 conquistaron a súa primeira medalla no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón tras finalizar terceiros,[5] resultado que repetiron en 2005.[6] Nas seguintes tres edicións, 2006, 2007 e 2008, lograron tres pratas,[7][8][9] ademais doutra prata no Europeo de 2007.[10] En 2009 gañaron a medalla de ouro no Europeo, mentres que non puideron participar no Mundial ao ser hospitalizado Ferro por unha meninxite.[4] En 2010, en Banyoles, convertéronse por primeira vez en campións do mundo.[11][12] En 2011 logrou outra medalla de prata no Europeo xunto a Ferro, mentres que non competiu no Mundial pois tivo que realizar as oposicións á Policía Nacional.[4]
En 2012, proclamouse campión do mundo de novo xunto a Ferro en Roma,[13][14] título que revalidaron ao ano seguinte en Copenhague.[15] Tamén en 2013 se proclamaron campións de Europa por segunda vez.[16] En 2014 repetiron vitoria no Europeo e lograron o terceiro posto no Mundial, celebrado en Oklahoma City.[17] En 2015 e 2016, lograron a prata tanto nos Europeos como nos Mundiais,[18] mentres que no 2017 se fixeron cun bronce europeo[19] e unha prata no mundial.[20]
En decembro de 2017, Ramón Ferro anunciou a súa retirada do piragüismo, polo que Graña comezou a competir con Diego Romero Fraga como compañeiro. A nova parella proclamouse campioa de Europa[1] e do mundo en 2018.[21][22] No ano 2019 quedou en sétima posición no Campionato Europeo de Piragüismo de Maratón disputado en Francia, xunto co seu compañeiro Jose Manuel Sánchez, ao envorcar e perder un tempo que non foron quen de recuperar.[23] No Mundial disputado en outubro na China, participou xunto ao veterano Pedro Areal, finalizando en quinta posición.[24]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2004 | Bergen ( Noruega) | C2 | |
2005 | Perth ( Australia) | C2 | |
2006 | Trémolat ( Francia) | C2 | |
2007 | Győr ( Hungría) | C2 | |
2008 | Týn nad Vltavou ( República Checa) | C2 | |
2010 | Banyoles ( Cataluña) | C2 | |
2012 | Roma ( Italia) | C2 | |
2013 | Copenhague ( Dinamarca) | C2 | |
2014 | Oklahoma City ( Estados Unidos) | C2 | |
2015 | Győr ( Hungría) | C2 | |
2016 | Brandeburgo ( Alemaña) | C2 | |
2017 | Pietermaritzburg ( Suráfrica) | C2 | |
2018 | Vila Verde ( Portugal) | C2 | |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2003 | Gdansk ( Polonia) | C2 | |
2007 | Trenčín ( Eslovaquia) | C2 | |
2009 | Ostróda ( Polonia) | C2 | |
2011 | Saint-Jean-de-Losne ( Francia) | C2 | |
2013 | Vila Verde ( Portugal) | C2 | |
2014 | Piešťany ( Eslovaquia) | C2 | |
2015 | Bohinj ( Eslovenia) | C2 | |
2016 | Pontevedra ( Galicia) | C2 | |
2017 | Ponte de Lima ( Portugal) | C2 | |
2018 | Metković ( Croacia) | C2 |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2013: Medalla de bronce da Real Orden del Mérito Deportivo pola súa traxectoria deportiva.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Óscar Graña y Diego Romero, campeones de Europa de maratón en C-2". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ Óscar Graña en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ Lista de medallistas olímpicos e mundiais en piragüismo (1936-2007): parte 1, parte 2. Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Ramón Ferro cuelga la pala como el canoísta español de maratón más laureado de la historia" (en castelán). 13 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Bergen 2004" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Perth 2005" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Trémolat 2006" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Győr 2007" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Týn nad Vltavou 2008" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Trencin 2007". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "Graña-Ferro: "Esta medalla cierra un círculo"... Campeones del mundo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Ramón Ferro... pasión por el mar" (en castelán). 6 de outubro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Roma 2012" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "ÿscar Graña y Ramón Ferro dan a Pontevedra otra medalla de oro en los Europeos de Maratón". Pontevedra Viva (en castelán). 9 de xuño de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Oklahoma City 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Győr 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Ramón Ferro y Óscar Graña, bronce en el europeo en Ponte da Lima" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Los incansables Óscar Graña y Ramón Ferro, plata en el Mundial de Sudáfrica". Pontevedra Viva. 10 de setembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Diego Romero y Óscar Graña, campeones del mundo de maratón en C2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Resutlados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ Nova Campionato Europeo 2019 no Diario de Pontevedra (en castelán)
- ↑ "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ «Nuevos Ingresos del piragüismo en la Real Orden del Mérito Deportivo» Arquivado 18 de abril de 2017 en Wayback Machine.. Federación Española de Piragüismo (en castelán).