Diego Romero Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1990 Cuntis |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | piragüista, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Sarxento |
Deporte | Piragüismo |
Diego Romero Fraga, nado en Cuntis o 20 de novembro de 1990, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.
Gañou cinco medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2010 e 2019 (tres delas de ouro), e dúas medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón nos anos 2018 e 2019 (un ouro e un bronce).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou internacionalmente no 2009, cun 12º posto no Europeo de Maratón de Polonia en C1 e un sexto posto no Campionato Mundial, en Portugal, na categoría C2, formando parella con Álvaro Rodríguez.[1] Ao ano seguinte logrou a súa primeira medalla, unha prata no C2 do Mundial celebrado en Banyoles, xunto a Cristian Ribadomar,[2][3] resultado que repetiu na mesma categoría tres anos despois no Mundial en Copenhague, esta vez con Tono Campos como compañeiro.[4]
Tras varios Europeos e Mundiais rematando entre o 5º e o 9º posto, volveu ao podio en 2018, subindo por primeira vez ao máis alto, tanto no campionato continental[5] como no Mundial de Vila Verde,[6][7] en ambas ocasións facendo parella con Óscar Graña. En 2019, no Europeo celebrado en Francia participou en dúas categorías: C1 en distancia curta, rematando en quinto lugar, e C2, logrando a medalla de bronce xunto a Tono Campos.[8] No Campionato do Mundo da China, competiu nas mesmas dúas categorías, levando o ouro en ambas: gañou no C1 en distancia curta, por diante de Tono Campos, segundo; e venceu no C2, co propio Campos como compañeiro.[9][10]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2010 | Banyoles ( España) | Prata | C2 |
2013 | Copenhague ( Dinamarca) | Prata | C2 |
2018 | Vila Verde ( Portugal) | Ouro | C2 |
2019 | Shaoxing ( China) | Ouro | C1 (DC) |
2019 | Shaoxing ( China) | Ouro | C2 |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2018 | Metković ( Croacia) | Ouro | C2 |
2019 | Decize ( Francia) | Bronce | C2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados de Gaia 2010" (PDF). www.canoeicf.com. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "España se reafirma como primera potencia mundial de piragüismo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Óscar Graña y Diego Romero, campeones de Europa de maratón en C-2". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Diego Romero y Óscar Graña, campeones del mundo de maratón en C2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Resutlados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Las "Tanias" son de plata, y Campos-Romero, de bronce en el Europeo". El Correo Gallego (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diego Romero Fraga en CanoeResults.eu (en inglés).