Úbeda, Xaén
Himno | Anthem of Úbeda (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Xaén ![]() | ||||
Capital de | La Loma (2003–) ![]() | ||||
Capital | Úbeda ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.810 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 397,1 km² ![]() | ||||
Altitude | 748 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Baeza Peal de Becerro (pt) ![]() Cazorla Quesada (pt) ![]() Jódar Cabra del Santo Cristo (pt) ![]() Villacarrillo (pt) ![]() Navas de San Juan (pt) ![]() Vilches (pt) ![]() Torreperogil Arquillos (pt) ![]() Sabiote Rus Santo Tomé (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel e Q16646663 ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Antonia Olivares Martínez (2015–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Ubeda City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 35.943.862,28 € (2008) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23400, 23509, 23413 e 23314 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 953 75 e 953 79 ![]() | ||||
Código INE | 23092 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ubeda.es ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Conxuntos monumentais renacentistas de Úbeda e Baeza | |
---|---|
![]() Sacra Capela do Salvador e Palacio do Deán Ortega (Parador Nacional de Turismo). | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 38°00′42″N 3°22′18″O / 38.01167, -3.37167 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2003 (27ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 522rev |
Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.
A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Serra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.
Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.
O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nas vilas de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Úbeda, Xaén ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Úbeda en OpenStreetMap.
- Web oficial del Ayuntamiento de Úbeda
- Patrimonio cultural de Úbeda en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
- Conjunto Monumentales Renacentistas de Úbeda y Baeza
- Artigo sobre María de Molina de Manuel Almagro Chinchilla. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.