Saltar ao contido

Bailén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBailén
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°05′48″N 3°46′36″O / 38.0968, -3.7766
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor en Wikidata
CapitalBailén Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.211 (2023) Editar o valor en Wikidata (146,35 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie117,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude343 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataSimona Villar Garcia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23710 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE23010 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webayto-bailen.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454291

Bailén é un concello español pertencente á provincia de Xaén, en Andalucía. Está situado na bisbarra de Serra Morena e tiña unha poboación de 18 243 habitantes en 2015.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Bailén limita cos municipios de Baños de la Encina e Guarromán ao norte, Linares ao leste, ao sur con Jabalquinto e Espelúy, e con Villanueva de la Reina e Zocueca ao oeste.

O 9 de xullo de 1808 tivo lugar a batalla de Bailén, no contexto da Guerra da Independencia española, na que as tropas francesas de Dupont foron derrotadas polas españolas do xeneral Castaños, que estaban moito peor equipadas e organizadas que as de Francia.

Economía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Bailén dispón dunha grande actividade industrial da cerámica, viño e a hostalaría, xunto co cultivo de herbáceos e o desenvolvemento dunha industria do aceite.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

A Igrexa parroquial da Nosa Señora da Encarnación, que foi construída no século XV, en estilo gótico isabelino, é un dos máximos expoñentes arquitectónicos da localidade, declarada Monumento Histórico.

Tamén destacan as ermidas da Nosa Señora da Soidade (século XV), de estilo gótico, as ermidas de Xesús e do Cristo, ambas as dúas de estilo barroco (século XVIII), a da Virxe de Zocueca, construída entre os séculos XVII e XVIII e a Parroquia de San Xosé Obreiro, xunto co seu barrio, que celebra as súas festas na súa honra o día 1 de maio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]