59 Times the Pain
59 Times the Pain | |
---|---|
Orixe | Fagersta, ![]() |
Período | 1992 - 2001 2008 |
Xénero(s) | hardcore punk, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Burning Heart Records, Epitaph Records |
Membros | Magnus Larnhed Niklas Lundgren Toni Virtanen Michael Conradsson |
Antigos membros | Kai Kalliomäki |
Na rede | |
http://burningheart.com/bands/index.php?id=120 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
59 Times the Pain foi unha banda sueca de hardcore punk procedente de Fagersta, no condado de Västmanland, e activa dende 1992 ata 2001.
A banda fudárona Magnus Larnhed (voz, guitarra), Michael Conradsson (baixo), Toni Virtanen (batería) e Kai Kalliomäki (guitarra).[1] O nome do grupo está collido dunha canción de Hüsker Dü, do seu álbum New Day Rising.[2] Kalliomäki deixou a banda ao pouco tempo e foi substituído por Niklas Lundgren, que deixou a banda de hardcore Dislars, que posteriormente se convertería na máis coñecida Burst. A súa primeiro demo, "Feeling Down", chamou a atención de Burning Heart Records, e en 1993 a banda asinou un contrato co selo. No ano seguinte 59 Times the Pain gravou o seu álbum de estrea, Blind Anger & Hate.
En marzo de 1995 59 Times the Pain comezou a gravar o seu segundo traballo, More Out of Today, no estudio Unisound en Finspång. O éxito underground de More Out of Today e o seu sinxelo de estrea "Blind Anger & Hate", permitíndolle a 59 Times the Pain establecerse como unha banda exitosa.
O seu cuarto álbum, End of the Millennium, foi publicado en marzo de 1999 , e o seu quinto e derradeiro traballo, Calling The Public, apareceu no ano 2001. A banda tamén colaborou con cancións en varios recompilatorios, como Short Music for Short People e Punk-O-Rama Vol. 4, os dous publicados en 1999. 59 Times the Pain separouse en 2001. O 30 de xaneiro de 2008 anunciaron unha reunión para tocar no festival Groezrock en Bélxica.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Blind Anger & Hate | 1994 | Burning Heart Records |
More Out of Today | 1995 | Burning Heart Records, Semaphore |
Twenty Percent of My Hand | 1997 | Burning Heart Records, Revelation Records |
End of the Millennium | 1999 | Burning Heart Records |
Calling the Public | 2001 | Burning Heart Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "59 Times The Pain". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
- ↑ "59 Times the Pain | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
- ↑ Blabbermouth (2008-02-01). "59 TIMES THE PAIN To Reunite For Appearance At Belgium's GROEZROCK Festival". BLABBERMOUTH.NET. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-20.