Saltar ao contido

A Ferrería, Gundriz, Samos

A Ferrería
ParroquiaGundriz
ConcelloSamos
Coordenadas42°41′35″N 7°13′10″O / 42.693148972564, -7.2195692365375
Poboación0 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

A Ferrería é un lugar da parroquia de Gundriz no concello lucense de Samos, na comarca de Sarria.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 estaba despoboado.

Neste lugar atópase a Casa da Ferrería, construción antiga, con muíño de pedra movido pola forza da auga procedente do río Lóuzara, en uso ata hai un par de décadas. Alí acudían os campesiños das aldeas próximas a moer o grao do trigo, da avea, da cebada e sobre todo do centeo, cuxa fariña se utilizaba entón para facer pan para o consumo diario das familias.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Gundriz

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Gundriz no concello de Samos (Lugo)

Carqueixeda | A Ferrería | Gundriz | Portela | Santa Mariña

Parroquias de Samos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Gundriz, Samos". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]