Saltar ao contido

A Northern Soul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Northern Soul
Álbum de The Verve
Publicado3 de xullo de 1995
Estudio(s)Loco, Gales
Abbey Road, Londres
Duración64:01
Xénero(s)rock alternativo, Britpop, rock psicodélico, soul psicodélico
Selo(s)Hut, Vernon Yard
Producido porOwen Morris, The Verve
Cronoloxía
No Come Down
(1994)
A Northern Soul Urban Hymns
(1997)

A Northern Soul é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo The Verve, publicado o 3 de xullo de 1995 a través do selo Hut Records. Coa tumultuosa promoción do seu álbum de estrea, A Storm in Heaven (1993), combinada coa popularidade dos seus amigos en Oasis, as relacións entre os membros de The Verve volvéronse tensas. Despois de conectar co produtor de Oasis Owen Morris, The Verve foron a un local de ensaio en Wigan para escribir material para o seu seguinte traballo, que gravaron nos Loco Studios de Gales.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por The Verve. 

N.º Título Duración
1. "A New Decade"   4:12
2. "This Is Music"   3:35
3. "On Your Own"   3:34
4. "So It Goes"   6:11
5. "A Northern Soul"   6:32
6. "Brainstorm Interlude"   5:11
7. "Drive You Home"   6:41
8. "History"   5:26
9. "No Knock on My Door"   5:11
10. "Life's an Ocean"   5:44
11. "Stormy Clouds"   5:34
12. "(Reprise)"   6:11