A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón | |
---|---|
Área Recreativa de Sanugueiros. | |
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′26″N 7°23′28″O / 42.55735, -7.3912055555556 |
Área | 3,70 km² |
Poboación | 271 hab. (2017) |
Densidade | 73,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro da Pobra do Brollón é unha parroquia e a capital do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2017 tiña 271 habitantes agrupados en 5 entidades de poboación, cunha densidade de 76,76 hab./km².
Linda con Castrosante e Saa polo norte; Cereixa e Castroncelos polo sur; Lamaigrexa polo leste e, Cereixa polo oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]A antiga xurisdición da Pobra do Brollón abarcaba os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademais dos termos do coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A vila da Pobra ostentou foros particulares outorgados polo rei Sancho IV de Castela e o seu fillo o rei Fernando IV de León e Castela.
Festas
[editar | editar a fonte]- Festas do Corpus, na honra ao Corpus Christi, no mes de xuño, son as principais da vila.
- Festas de San Pedro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Pobra do Brollón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Pobra do Brollón no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
Arribas | O Brollón | Fontela | A Pobra do Brollón | Santo Adrián |