Saltar ao contido

Eixón, A Pobra do Brollón

Eixón
Igrexa parroquial
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°34′42″N 7°25′52″O / 42.578255555556, -7.4312444444444
Área5,6 km²
Poboación68 hab. (2011)
Densidade12,14 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca de Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 68 habitantes (31 homes e 37 mulleres) cunha densidade de 12,14 hab./km². A poboación diminuíu notablemente desde 1991, cando tiña 132 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coas parroquias de Piño e Santalla de Rei, ao sur con Cereixa, ao leste con Castrosante e ao oeste coa Parte e Fornelas.

O río Cabe atravesa a aldea procedente de Santalla de Rei, e separa as entidades de Barrio de Arriba, A Lama e A Vila, de Alende, A Nogueira e O Porto. A parroquia ten un gran desnivel, dividindo en dous. Arriba está o Barrio de Arriba e parte da Vila e abaixo as demais entidades.

Esta parroquia pertenceu durante a idade media ao condado de Lemos. Aparece nos documentos medievais baixo a grafía de Eijión.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Xurxo, de época neoclásica, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas e catro augas con tellado de lousa. Na fachada ten un fornelo coa imaxe de San Xurxo, unha ventá rectangular e está coroada por un frontón. Posúe tamén unha torre cadrada e conserva no interior retablos e esculturas do século XVIII.

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Festas de San Xurxo: patrón da parroquia, o 23 de abril.
  • Festas de San Bartolomé: o último domingo de agosto.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Eixón

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Eixón no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

Alende | Barrio de Arriba | A Lama | A Nogueira | O Porto | A Vila

Parroquias da Pobra do Brollón

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]