Parada dos Montes, A Pobra do Brollón
Parada dos Montes | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′25″N 7°16′21″O / 42.573728, -7.272367 |
Área | 9,41 km² |
Poboación | 27 hab. (2017) |
Densidade | 2,87 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Einés de Parada dos Montes é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2007 tiña 34 habitantes (64 en 1991) agrupados nas entidades de Couso, Parada dos Montes e Río de Bois, cunha densidade media de poboación de 6,8 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Linda coa parroquia de Saa polo noroeste, Vilamor polo nordés e leste, Salcedo polo sur, e Lamaigrexa e Saa polo oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Dise que a aldea de Parada dos Montes non estaba onde está agora. Seica un día houbo un señor que necesitaba axuda e dixo que a aldea que non o escoitase e non acudise a axudalo sería cambiado de lugar. Parada dos Montes non acudiu e polo tanto foi cambiado para onde está agora. Aínda se conserva o nome dalgún campo onde se supón que estaba antes a aldea.
A principios do século XV chegaban a estes lugares os arrendatarios do mosteiro de Meira, pertencente á orde do Císter.
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]En Parada dos Montes os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse mellor da intemperie.
- Igrexa de Santa Einés: o templo parroquial é do século XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas parroquiais celébranse na honra a Santa Einés, cara ao 21 de xaneiro. A festa non se celebrou durante 25 anos pero recuperouse no 2007.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada dos Montes
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada dos Montes no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|