Saltar ao contido

A Roda do Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Roda do Castro
ParroquiaCaamouco
ConcellosAres, Mugardos
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Coordenadas43°26′14″N 8°12′18″O / 43.4373245, -8.2050422
Id. catálogoGA15051009
Cronoloxía
Estado actualnon escavado
Extensión estimada1,6 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

A Roda do Castro ou castro de Piñeiro é un poboado castrexo de outeiro fortificado situado en Ares, no límite con Mugardos.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un casto de cumio fortificado de tamaño monumental aproveitando as formas do monte. Ten forma circular case duns 100 metros de diámetro. A croa é unha carballeira. Ten defensas dobres concéntricas e dous foxos. Están ben conservadas as defensas ao leste. Ao oeste están moi achairadas e só se conserva unha das liñas defensivas de moi pouca altura. Polo norte ten un antecastro.

  1. "PXOM de Ares 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]