Saltar ao contido

A Saucerful of Secrets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Saucerful of Secrets
Álbum de Pink Floyd
Publicado28 de xuño de 1968 (Reino Unido)
27 de xuño de 1968 (Estados Unidos)
Gravaciónxaneiro a abril de 1968, excepto Remember a day e Jugband Blues, que foron grabadas en 1967.
Estudio(s)Estudios Abbey Road
Duración39:25
Xénero(s)rock progresivo, rock psicodélico
Selo(s)Columbia, Capitol
ProdutorNorman Smith
Cronoloxía
The Piper at the Gates of Dawn A Saucerful of Secrets More
Na rede
Discogs: 10352 Allmusic: mw0000650632 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Saucerful of Secrets é o nome do segundo álbum de estudio do grupo británico de música rock Pink Floyd, considerado un dos primeiros discos de rock progresivo. Este é un disco de transición, marcado pola enfermidade mental e posterior saída do grupo de Syd Barrett e a entrada do novo integrante en xaneiro de 1968, David Gilmour,[1][2] sendo este o único disco de Pink Floyd no que participan os cinco integrantes.

Está composto na súa maioría con temas sobrantes do seu primeiro álbum, The Piper at the Gates of Dawn, complementados con outras rarezas. Barrett contribuíu nas sesións de gravación ata que o seu estado mental o permitiu, deixando a banda o 6 de abril de 1968. Barrett aparecu nos temas "Remember a Day", "Jugband Blues" e "Set the Controls for the Heart of the Sun".[3] Esta última é a única canción onde onde saen os cinco membros da banda.

Tivo críticas mixtas por parte dos expertos musicais, obtendo un 3'5/5 no portal web de música Allmusic.[4]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
Cara 1
N.º TítuloEscritor(es)Lead vocals Duración
1. "Let There Be More Light"  Roger WatersRichard Wright, Waters, David Gilmour 5:38
2. "Remember a Day"  WrightWright 4:33
3. "Set the Controls for the Heart of the Sun"  WatersWaters 5:28
4. "Corporal Clegg"  WatersGilmour, Nick Mason, Wright 4:13
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es)Lead vocals Duración
1. "A Saucerful of Secrets"
  • I. "Something Else" (3:57)
  • II. "Syncopated Pandemonium" (3:07)
  • III. "Storm Signal" (1:34)
  • IV. "Celestial Voices" (3:19)"  
Waters, Wright, Gilmour, MasonInstrumental, wordless vocals by Gilmour, Wright 11:57
2. "See-Saw"  WrightWright 4:36
3. "Jugband Blues"  Syd BarrettBarrett 3:00
  1. Povey, Glenn (2006). Echoes: The Complete History of Pink Floyd. Mind Head Publishing. p. 90. ISBN 978-0-9554624-0-5. 
  2. Palacios, Julián (2010). Syd Barrett & Pink Floyd: Dark Globe. Londres: Plexus. p. 318. ISBN 0-85965-431-1. 
  3. Gulla, Bob (2009). Guitar Gods: The 25 Players Who Made Rock History. Westport, Conn: Greenwood Press. pp. 92. ISBN 0-313-35806-0. 
  4. Unterberger, Richie. "Pink Floyd - A Saucerful of Secrets". Allmusic. Consultado o 12 de xaneiro de 2017.