Abbey Road Studios
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums. Pink Floyd tamén gravou algúns dos seus discos nestes estudios, incluíndo o lendario álbum The Dark Side of the Moon. Por citar algúns dos artistas que utilizaron os estudios está Enya, Iron Maiden, Michael Jackson, Stevie Wonder, Oasis, Freddie Mercury, Radiohead, Red Hot Chili Peppers, U2, Kylie Minogue, Lady Gaga, Amy Winehouse, Gustavo Cerati, Dani Martín etc.
Na actualidade, utilízase fundamentalmente para gravacións de corda con orquestras, tales como a banda sonora de Star Wars, e tamén se utilizou para gravar a banda sonora de Halo 4 e The Sims 4.
O 17 de febreiro de 2010, EMI anunciou a posta en venda dos estudios de Abbey Road, coa que esperaba obter ganancias por riba dos 30 millóns de libras esterlinas.[1] Con todo, a mobilización que causou a noticia provocou que o Goberno británico declarase os estudios monumento histórico, o que impide a súa demolición.[2]
Live from Abbey Road
[editar | editar a fonte]Desde 2007, estes estudios acollen o programa de televisión Live from Abbey Road, de Channel 4, que se distribúe a máis de 120 países en todo o mundo, usando imaxes en alta definición de música en vivo, cunha lente de 35 mm, como se fose unha película.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sir Paul McCartney Reveals Abbey Road Fears - Spinner UK". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "Un monumento de nombre Abbey Road".