Saltar ao contido

Abra alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abra alba

Abra alba
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Tellinoidea
Familia: Semelidae
Xénero: Abra
Especie: A. alba
Nome binomial
Abra alba
(W. Wood, 1802)
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Amphidesma boysiana Leach in Gray, 1852
  • Erycina renieri Philippi, 1836
  • Erycina tumida Brusina, 1865
  • Mactra alba W. Wood, 1802
  • Mactra boysii Montagu, 1803
  • Syndosmya apelina Récluz, 1843
  • Syndosmya occitanica Récluz in Chenu, 1844
  • Tellina pellucida Brocchi, 1814
  • Tellina semidentata Scacchi, 1833

Abra alba é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos semélidos que está presente no océano Atlántico nororiental e no mar Mediterráneo, onde vive en fondos de augas pouco profundas enterrada en sedimentos brandos.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Abra alba ten unha cuncha fráxil (como a de todos os seus conxéneres) de cor abrancazada e forma ovalada, coas valvas case simétricas e co umbo algo máis preto da parte posterior, que é algo truncada; as valvas están esculpidas por finas liñas espirais. O perióstraco é de cor parda clara. Pode alcanzar un tamaño de até 25 mm, aínda que usualmente non pasa dos 12 ou 15 mm.[2][3]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Encóntrase nas costas do noroeste de Europa e do Mediterráneo a profundidades desde o nivel da baixamar até os 200 m de profundidade. É común nas illas Británicas e no mar do Norte,[3] así como nas costas de toda Galicia.[2]

Prefire os fondos de arena limosa, pero tamén se encontra en fpondos de lama ou grava.[3]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Abra alba aliméntase por medio dun par de sifóns separados, longos, extensíbeis, prolongamentos do manto. É sobre todo un detritívoro, pero tamén é capaz de alimentarse de partículas en suspensión como a Tellina fabula, unha especie coa que a miúdo se asocia.[1]

Desde maio até agosto producen un gran número de ovos moi pequenos. As larvas forman parte do zooplancto probabelmente durante un longo período de tempo antes de convertérense en adultos. Os individuos xuvenís crecen rapidamente durante o verán, pero os que nacen en outono parecen atrasar o seu desenvolvemento até a primavera seguinte. A esperanza de vida é xeralmente dun ano, pero pode estenderse a dous.[1]

Ecotoxicoloxía

[editar | editar a fonte]

Alba alba é un animal filtrador sensíbel a algúns contaminantes, incluíndo o petróleo. Demostrouse que despois da marea negra do Amoco Cadiz esta especie tardou máis de 10 anos en reconstituír as súas poboacións na baía de Morlaix, onde está presente cunha biomasa de 10 a 11 g por metro cadrado. O déficit de produción nos 11 anos que seguiron ao derramo de petróleo podería afectar á biomasa dos peixes que se alimentan desta especie.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Abra alba (W. Wood, 1802) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Rolán e Otero (1996), p. 246.
  3. 3,0 3,1 3,2 Marine Bivalve Shells of the British Isles. Natural Museum Wales.
  4. J.-C. Dauvin (1998): "The fine sand Abra alba community of the bay of Morlaix twenty years after the Amoco Cadiz oil spill", Marine Pollution Bulletin 36 (9): 669-676. Resumo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barrett, J. & C. M. Yonge (1973): Collins Pocket Guide to the Sea Shore. Londres: Collins. ISBN 978-0-00-212144-6.
  • Rees, H. L. & Dare. P. J. (1993): "Sources of mortality and associated life-cycle traits of selected benthic species: a review". Fisheries Research Data Report Nº 33, Directorate of Fisheries Research, Lowestoft. Ver en PDF.
  • Emilio Rolán & Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]