Acanaladura
Aparencia
As acanaladuras[1] son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo.
Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten acanaladuras e son opcionais para as outras ordes.
As acanaladuras eran usadas con motivo decorativo na antigüidade, aínda que actualmente tamén se empregan na fabricación de mobles, na artesanía e na industria metalúrxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acanaladura.