Saltar ao contido

Acepción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase acepción a cada un dos significados dunha palabra ou expresión da lingua. O seu uso na práctica non a fai exactamente sinónima de significado (ou contido):

  • cando se trata dunha secuencia monosémica, o concepto de acepción correspóndese co de significado;
  • cando se trata dunha secuencia polisémica (ou homógrafa), as distintas acepcións configuran o significado total da palabra, que se distingue conceptualmente máis na medida en que as diferentes acepcións teñan maior distancia semántica, sobre todo cando se interpretan na súa globalidade;

Así, no primeiro caso, adóitase falar do significado dunha palabra, mentres que, no segundo, fálase das súas distintas acepcións.