Adriaan Fokker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1887 Bogor, Indonesia (pt) |
Morte | 24 de setembro de 1972 (85 anos) Beekbergen, Países Baixos (en) |
Residencia | Países Baixos |
Educación | Universidade de Leiden Universidade Técnica de Delft |
Director de tese | Hendrik Lorentz |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, inventor, teórico da música, musicólogo, compositor, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Leiden, Professor by special appointment (en) . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1928–1955) Universidade de Leiden, Professor by special appointment (en) . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1928–1955) Universidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) (1923–1927) Museu Teyler (pt) , conservador |
Membro de | |
Profesores | Hendrik Lorentz |
Obra | |
Doutorando | Henri Florin (en) |
Familia | |
Fillos | A. D. Fokker |
Parentes | Anthony Fokker, sobriño |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.280) |
Adriaan Daniël Fokker, nado na vila de Buitenzorg, nas Indias Orientais Neerlandesas, o 17 de agosto de 1887 e finado en Beekbergen, na provincia neerlandesa de Güeldres, o 24 de setembro de 1972, foi un físico e músico dos Países Baixos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No eido da Física
[editar | editar a fonte]Fokker naceu nun territorio daquela de soberanía neerlandesa, aínda que hoxe recibe o nome de Bogor e pertence a Indonesia.
Era curmán do enxeñeiro aeronáutico Anthony Fokker, fundador da compañía Fokker de aviación. Estudou Enxeñaría de Minas na Universidade de Tecnoloxía de Delft e popsteriormente Física na Universidade de Leiden, co físico neerlandés gañador dun premio Nobel Hendrik Lorentz, onde acadou seu doutoramento en 1913. Na súa tese, dese mesmo ano, derivou o que a partir de entón se pasou a chamar "ecuación de Fokker-Planck", xuntamente con Max Planck.
Logo do seu período de formación universitaria, continuou as súas investigacións con Albert Einstein, Ernest Rutherford e William Bragg.[2]
Fokker fixo diversas contribucións á relatividade especial e algunhas outras menos coñecidas á relatividade xeral, especialmente para a "precesión xeodésica", o fenómeno de precesión dun xiroscopio de caída libre nun campo gravitatorio.[3]
No eido da Musicoloxía
[editar | editar a fonte]Na súa faceta de compositor musical e musicólogo, Fokker deseñou e mesmo construíu unha serie de instrumentos de teclado capaces de reproducir escalas microtonais a través dun teclado xeneralizado. O máis coñecido destes instrumentos é un órgano de 31 intervalos iguais ben temperado, coñecido comunmente como órgano Fokker, que foi instalado inicialmente no Museo Teyler de Haarlem in 1951 e posteriormente trasladado á sala de concertos Muziekgebouw aan 't IJ de Ámsterdam, onde se utiliza con regularidade para interpretacións abertas ao públcio.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adriaan Daniël Fokker Arquivado 09 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
- ↑ "Fokker, Adriaan Daniël (1887-1972)". En Biografisch Woordenboek van Nederland:1880-2000 (en neerlandés)
- ↑ Eisenstaedt, Jean; Kox, Anne J. Studies in the History of General Relativity. Boston. Birkhäuser, 1988. Páxina 42 [ISBN 978-0-8176-3479-7] (en inglés)
- ↑ "Fokker Organ. History". En En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Transcrición dunha entrevista a Adriaan Fokker por John L. Helibron en Beekbergen, o 1 de abril de 1963 (en inglés)
- "The Fokker organ Arquivado 12 de setembro de 2015 en Wayback Machine.". En Bibliolore. The Rilm Blog (en inglés)
- Vídeo dunha interpretación co órgano de Fokker