Premio Nobel de Física
Premio Nobel de Física | |
---|---|
![]() | |
Tipo | premio de física e premio científico |
Data de fundación | 1901 |
Nomeado en referencia a | Alfred Nobel |
País | Suecia |
Na rede | |
http://nobelprize.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |










O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[1] Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos da física, a química, a paz, a fisioloxía ou a medicina e a literatura.[2] Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895.[3] Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns de coroas suecas (2,9 millóns de dólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel.[4] Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado polo Storting (Parlamento noruegués).
Os executores do seu testamento foron Ragnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros electos pola Academia Real.
Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron: Karolinska Institutet o 7 de xuño, a Academia Sueca o 9 de xuño e a Real Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo rei Óscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.
Características
[editar | editar a fonte]De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia «(...) á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física».[5] Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.[6] Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[7]
Estatísticas (até 2024)
[editar | editar a fonte]Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942[8] polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.[8]
Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres: Marie Curie en 1903, Maria Goeppert Mayer en 1963, Donna Strickland en 2018, Andrea Ghez en 2020 e Anne L’Huillier en 2023;[9] e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións, John Bardeen, en 1956 e 1972.
O máis novo en recibilo foi William Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foi Arturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.[8]
Familiares galardoados
[editar | editar a fonte]O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie e Pierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos: Sir William Henry Bragg xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915; Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu fillo Aage Niels Bohr no 1975; Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu fillo Kai M. Siegbahn en 1981 e Joseph John Thomson en 1906 mailo seu fillo George Paget Thomson en 1937.[8]
Premiados
[editar | editar a fonte]Data | Laureados | Foto | Nacionalidade | Traballos recompensados |
---|---|---|---|---|
1901 | Wilhelm Conrad Röntgen | ![]() |
![]() |
"En recoñecemento dos extraordinarios servizos que ha prestado polo descubrimento dos extraordinarios raios que posteriormente levan o seu nome".[10] |
1902 | Hendrik A. Lorentz (1/2) | ![]() |
![]() |
"En recoñecemento ao extraordinario servizo que prestaron polas súas investigacións sobre a influencia do magnetismo nos fenómenos radiolóxicos".[11] |
Pieter Zeeman (1/2) | ![]() | |||
1903 | Antoine Henri Becquerel (1/2) | ![]() |
![]() |
"En recoñecmento aos extraordinarios servizos que prestou polo seu descubrimento da radioactividade espontáne".[12] |
Pierre Curie (1/4) | ![]() |
"En recoñecemento aos extraordinarios servizos prestados polas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos radiolóxicos descubertos polo profesor Henri Becquerel".[12] | ||
Marie Curie (1/4) | ![]() | |||
1904 | Lord John William Strutt | ![]() |
![]() |
"Polas súas investigacións sobre as densidades dos gases máis importantes e polo seu descubrimento de argon en relación con estes estudos".[13] |
1905 | Philipp Lenard | ![]() |
![]() |
"Polo seu traballo sobre os raios catódicos."[14] |
1906 | Sir Joseph John Thomson | ![]() |
![]() |
Pescudas sobre a condución do gas. Primeiro modelo atómico. |
1907 | Albert Abraham Michelson | ![]() |
![]() |
Desenvolvemento de diversos instrumentos ópticos de precisión e investigacóns desenvolvidas con estes instrumentos nos campos da espectroscopía e meteoroloxía. |
1908 | Gabriel Lippmann | ![]() |
![]() |
Polo seu método de reproducir fotografías en cor baseado nos fenómenos de interferencia luminosa. |
1909 | Guglielmo Marconi | ![]() |
![]() |
Invención da telegrafía sen fíos por ondas hertzianas e do osciloscopio catódico (tubo de Braun) |
Karl Ferdinand Braun | ![]() |
![]() | ||
1910 | Johannes Diderik van der Waals | ![]() |
![]() |
Ecuación de estado para gases e líquidos (lei de Van der Waals) |
1911 | Wilhelm Wien | ![]() |
![]() |
Descubrimento sobre as leis da radiación da calor |
1912 | Gustaf Dalén | ![]() |
![]() |
Invención do regulamento automático para a chama das farolas e dos faros. |
1913 | Heike Kamerlingh Onnes | ![]() |
![]() |
Pola súa investigación das propiedades da materia a baixas temperaturas. |
1914 | Max von Laue | ![]() |
![]() |
Polo seu descubrimento da difracción dos raios X polo cristais. |
1915 | William Henry Bragg | ![]() |
![]() |
Fundamentos da radiocristalografía moderna. |
William Lawrence Bragg | ![]() | |||
1916 | Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio. | |||
1917 | Charles Glover Barkla | ![]() |
![]() |
Propagación das ondas de radio e os raios X. |
1918 | Max Planck | ![]() |
![]() |
Polo seu descubrimento dos cuantos de enerxía. |
1919 | Johannes Stark | ![]() |
![]() |
O efecto Stark: descomposición dos raios espectrais por un campo eléctrico. |
1920 | Charles Edouard Guillaume | ![]() |
![]() |
Pola mellora da precisión das medidas en Física debido ó descubrimento de anomalías nas aliaxes níquel-aceiro. |
1921 | Albert Einstein | ![]() |
![]() |
Polo impulso ó avance da física teórica, en particular pola lei do efecto fotoeléctrico. |
1922 | Niels Bohr | ![]() |
![]() |
Pola investigación da estrutura do átomo e a radiación emanada deles (mellora teórica do modelo de Rutherford). |
1923 | Robert Andrews Millikan | ![]() |
![]() |
Pola medida da carga eléctrica elemental do electrón. |
1924 | Karl Manne Georg Siegbahn | ![]() |
![]() |
Polo seu traballo no campo da espectroscopía dos raios X. |
1925 | James Franck Gustav Ludwig Hertz |
![]() |
![]() |
Polo descubrimento das leis que regulan o impacto do electrón sobre o átomo. |
1926 | Jean Baptiste Perrin | ![]() |
![]() |
Polo traballo sobre a estrutura descontinua da materia. |
1927 | Arthur Holly Compton | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento do efecto Compton. |
Charles Thomson Rees Wilson | ![]() |
![]() |
Polo seu método de visualización de camiños seguidos polas partículas eléctricas (cámara de Wilson). | |
1928 | Sir Owen Willans Richardson | ![]() |
![]() |
"...polo seu traballo sobre o efecto termoiónico e, sobre todo, polo descubrimento da lei que leva o seu nome".[15] |
1929 | Louis de Broglie | ![]() |
![]() |
Polo seu descubrimento da natureza ondulatoria do electrón, |
1930 | Sir Chandrasekhara Venkata Raman | ![]() |
Polo seu traballo sobre a dispersión da luz (efecto Raman). | |
1931 | Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio. | |||
1932 | Werner Heisenberg | ![]() |
![]() |
Pola creación da mecánica cuántica. |
1933 | Paul Adrien Maurice Dirac | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento de novas formas na teoría atómica. |
Erwin Schrödinger[16] | ![]() |
![]() | ||
1934 | 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio | |||
1935 | James Chadwick | ![]() |
![]() |
Descuberta do neutrón. |
1936 | Carl David Anderson | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento do positrón. |
Victor Franz Hess | ![]() |
![]() |
Polo seu descubrimento da radiación cósmica. | |
1937 | Clinton Joseph Davisson | ![]() |
![]() |
Pola descuberta experimental da difracción dos electróns polos cristais. |
Sir George Paget Thomson | ![]() |
![]() | ||
1938 | Enrico Fermi | ![]() |
![]() |
Pola súa demostración da existencia de novos elementos radioactivos producidos por irradación de neutróns e o descubrimento relacionado das reaccións nucleares por neutróns lentos. |
1939 | Ernest Lawrence | ![]() |
![]() |
Pola invención, desenvolvemento e resultados do ciclotrón. |
1940 | 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio | |||
1941 | 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio | |||
1942 | 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio | |||
1943 | Otto Stern | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento do momento magnético do protón e o método do raio molecular. |
1944 | Isidor Isaac Rabi | ![]() |
![]() |
Polo método de resonancia en relación coas propiedades magnéticas do núcleo atómico. |
1945 | Wolfgang Ernst Pauli | ![]() |
![]() |
"polo descubrimento do Principio de Exclusión, tamén chamado Principio de Pauli".[17] |
1946 | Percy Williams Bridgman | ![]() |
![]() |
Pola invención dun aparello para producir moi altas presións. |
1947 | Edward Victor Appleton | ![]() |
![]() |
Polas súas investigacións sobre a alta atmosfera, en particular, polo descubrimento da capa Appleton. |
1948 | Patrick Maynard Stuart Blackett | ![]() |
![]() |
Polo desenvolvemento do método da cámara de néboa de Wilson, e os descubrimentos subsecuentes na física nuclear e a radiación cósmica. |
1949 | Hideki Yukawa (湯川 秀樹) | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento dos mesóns en base ó traballo teórico sobre as forzas nucleares. |
1950 | Cecil Frank Powell | ![]() |
![]() |
Polo desenvolvemento do método fotográfico para o estudo dos procesos nucleares e a súa aplicación ó estudo dos mesóns. |
1951 | Sir John Cockcroft | ![]() |
![]() |
Polo seu traballo sobre a transmutación de núcleos atómicos producido por partículas atómicas aceleradas artificialmente. |
Ernest Walton | ![]() |
![]() | ||
1952 | Felix Bloch | ![]() |
![]() |
Polo desenvolvemento de novos métodos de medidas magnéticas de precisión. |
Edward Mills Purcell | ![]() | |||
1953 | Frits Zernike | ![]() |
![]() |
Polo método de contraste de fase a a súa aplicacion ó microscopio de contraste de fase. |
1954 | Max Born | ![]() |
![]() |
Pola súa investigación fundamental en mecánica cuántica, e en particular, pola súa interpretación estatística da función de onda. |
Walther Wilhelm Georg Bothe | ![]() |
Polo método de coincidencia. | ||
1955 | Willis Eugene Lamb | ![]() |
![]() |
Polos descubrimentos relacionados coa estrutura fina do espectro do hidróxeno. |
Polykarp Kusch | ![]() |
Pola determinación precisa do momento magnético do electrón. | ||
1956 | William Bradford Shockley | ![]() |
![]() |
Polas súas investigacións sobre semicondutores e o efecto transistor. |
Walter Houser Brattain | ![]() | |||
John Bardeen | ![]() | |||
1957 | Chen Ning Yang (楊振寧) | ![]() |
![]() |
Pola súa profunda investigación das leis de paridade. |
Tsung-Dao Lee (李政道) | ![]() | |||
1958 | Pavel Tcherenkov (Павел Черенков) | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento e interpretación do efecto Tcherenkov. |
Ilia Frank (Илья Франк) | ![]() | |||
Igor Tamm (Игорь Тамм) | ![]() | |||
1959 | Emilio Gino Segrè | ![]() |
![]() ![]() |
Descuberta do antiprotón |
Owen Chamberlain | ![]() |
![]() | ||
1960 | Donald Arthur Glaser | ![]() |
![]() |
Pola invención da cámara de burbullas. |
1961 | Robert Hofstadter | ![]() |
![]() |
Polos seus estudos pioneiros na dispersión do electrón no núcleo atómico e os seus descubrimentos na estrutura dos nucleóns |
Rudolf Ludwig Mössbauer | ![]() |
![]() |
Polos seus estudos sobre a absorción resonante da radiación gamma e o efecto Mössbauer. | |
1962 | Lev Davidovich Landau (Лев Давидович Ландау) | ![]() |
![]() |
Polas súas teorías para a materia condensada, especialmente, helio líquido. |
1963 | Eugene Paul Wigner | ![]() |
![]() |
Pola súa contribución á teoría do núcleo atómico e partículas elementais, particularmente polo descubrimento e aplicación de principios de simetría. |
Maria Goeppert-Mayer[18] | ![]() | |||
Hans Daniel Jensen | ![]() |
Polos seus descubrimentos sobre a superficie nuclear. | ||
1964 | Charles Townes | ![]() |
![]() |
Polo seu traballo no campo da electrónica cuántica, que levou á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e láser. |
Nikolai Basov (Николай Геннадиевич Басов) | ![]() |
![]() | ||
Alexandr Prokhorov (Александр Михайлович Прохоров) | ![]() |
![]() | ||
1965 | Julian Schwinger | ![]() |
![]() |
Polo seu traballo en electrodinámica cuántica. |
Richard P. Feynman | ![]() | |||
Sin-Itiro Tomonaga (朝永 振一郎) | ![]() |
![]() | ||
1966 | Alfred Kastler | ![]() |
![]() |
Polo desenvolvemento de métodos ópticos para o estudo das resonancias hertzianas nos átomos. |
1967 | Hans Bethe | ![]() |
![]() |
Polas súas contribuciónas á teoría das reaccións nucleares, en particular no relacionado coa enerxía das estrelas. |
1968 | Luis Walter Álvarez | ![]() |
![]() |
Pola súa decisiva contribución á física das partículas elementais, en particula o descubrimento dun gran número de estados de resonancia. |
1969 | Murray Gell-Mann | ![]() |
![]() |
Pola contribución á clasificación das partículas elementais e as súas interaccións. |
1970 | Hannes Alfvén | ![]() |
![]() |
Polos seus descubrimentos en magnetohidrodinámica e a aplicación de física do plasma. |
Louis Eugène Félix Néel | ![]() |
![]() | ||
1971 | Dennis Gabor | ![]() |
![]() |
Pola invención e desenvolvemento do método holográfico. |
1972 | John Bardeen | ![]() |
![]() |
Pola teoría da supercondutividade (Teoría BCS) |
Leon Cooper | ![]() | |||
John Robert Schrieffer | ![]() | |||
1973 | Leo Esaki (江崎 玲於奈) | ![]() |
![]() |
Polo estudo do efecto túnel en semicondutores. |
Ivar Giaever | ![]() |
![]() | ||
Brian David Josephson | ![]() |
![]() |
Pola predición teórica de propiedade dunha supercorrente a traverso dunha barreira túnel, en particular, o efecto Josephson. | |
1974 | Sir Martin Ryle | ![]() |
Pola súa investigación en radio astrofísica (técnica de apertura de síntese e descubrimento dos púlsares, respectivamente). | |
Antony Hewish | ![]() | |||
1975 | James Rainwater | ![]() |
![]() |
Polo estudo e descubrimento da relación entre movemento colectivo e movemento particular nos núcleos atómicos, e o desenvolvemento subsecuente da teoría do núcleo atómico. |
Aage N. Bohr | ![]() |
![]() | ||
Ben Roy Mottelson | ![]() | |||
1976 | Burton Richter | ![]() |
![]() |
Polos traballos sobre o descubrimento de partículas elementais pesadas dun novo tipo. |
Samuel Chao Chung Ting (丁肇中) | ![]() | |||
1977 | Philip Warren Anderson | ![]() |
![]() |
Polo estudo da estrutura electrónica dos sistemas magnéticos desordeados. |
Sir Nevill Francis Mott | ![]() |
![]() | ||
John Hasbrouck van Vleck | ![]() |
![]() | ||
1978 | Petr Kapitsa (Петр Леонидович Капица) | ![]() |
![]() |
Polas súas invencións e descubrimentos na área da física de baixas temperaturas. |
Arno Allan Penzias | ![]() |
![]() |
Polo seu descubrimento da radiación de fondo de microondas. | |
Robert Woodrow Wilson | ![]() |
![]() | ||
1979 | Sheldon Lee Glashow Abdus Salam Steven Weinberg |
![]() ![]() ![]() |
Pola teoría da campo unificado electrodébil. | |
1980 | James Watson Cronin | ![]() |
![]() |
Polo estudo da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dos mesóns K neutros. |
Val Logsdon Fitch | ![]() | |||
1981 | Nicolaas Bloembergen | ![]() |
![]() |
Polo desenvolvemento da espectroscopía láser Polo desenvolvemento da espectroscopía electrónica de alta resolución. |
Arthur Leonard Schawlow | ![]() | |||
Kai Siegbahn | ![]() |
![]() | ||
1982 | Kenneth Geddes Wilson | ![]() |
Pola teoría dos fenómenos críticos en relación coas transicións de fase. | |
1983 | Subrahmanyan Chandrasekhar | ![]() |
![]() |
Polos estudos teóricos na estrutura e evolución das estrelas. |
William A. Fowler | ![]() |
Pola contribución ó estudo da xénese dos elementos químicos. | ||
1984 | Carlo Rubbia | ![]() |
![]() |
Pola contribución á obtención das partículas W e Z, portadoras da forza electrodébil. |
Simon van der Meer | ![]() | |||
1985 | Klaus von Klitzing [19] | ![]() |
![]() |
Pola descuberta do Efecto Hall cuántico. |
1986 | Gerd Binnig | ![]() |
![]() |
Polo deseño do primeiro microscopio electrónico. |
Heinrich Rohrer | ![]() |
![]() | ||
Ernst August Friedrich Ruska | ![]() |
![]() | ||
1987 | Johannes Georg Bednorz | ![]() |
![]() |
Polos avances na supercondutividade en materiais metálicos. |
Karl Alexander Müller | ![]() |
![]() | ||
1988 | Leon Lederman | ![]() |
![]() |
Pola demostración da estrutura dobre dos leptóns. |
Melvin Schwartz | ||||
Jack Steinberger | ||||
1989 | Hans Georg Dehmelt Wolfgang Paul Norman Foster Ramsey |
![]() ![]() ![]() |
Polo desenvolvemento das bases dos reloxos atómicos. Polo desenvolvemento da trampa de ións. | |
1990 | Jerome Isaac Friedman Henry Way Kendall Richard E. Taylor |
![]() ![]() ![]() |
Por establecer as bases para o modelo de quarks. | |
1991 | Pierre-Gilles de Gennes | ![]() |
![]() |
Pola xeneralización de métodos de estudo a formas
complexas de materia |
1992 | Georges Charpak | ![]() |
Pola invención e desenvolvemento de detectores de partículas. | |
1993 | Russell Alan Hulse | ![]() |
![]() |
Descuberta dun púlsar nun sistema de estrelas binarias. |
Joseph Hooton Taylor | ![]() | |||
1994 | Bertram N. Brockhouse | ![]() |
![]() |
Estudo da estrutura e das propiedades dos cristais. |
Clifford G. Shull | ![]() |
![]() | ||
1995 | Martin Lewis Perl | ![]() |
![]() |
Descuberta do leptón τ. |
Frederick Reines | ![]() |
Pola detección do neutrino. | ||
1996 | Douglas Dean Osheroff | ![]() |
Polo descubrimento da superfluideza no Helio-3. | |
David Morris Lee | ||||
Robert Coleman Richardson | ![]() | |||
1997 | Claude Cohen-Tannoudji | ![]() |
![]() |
Desenvolvemento de métodos para arrefecer e atrapar átomos con luz láser. |
Steven Chu | ![]() |
![]() | ||
William Daniel Phillips | ![]() |
![]() | ||
1998 | Robert B. Laughlin | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico con excitacións cargadas fraccionais (efecto Hall cuántico). |
Horst L. Störmer | ![]() |
![]() | ||
Daniel C. Tsui | ![]() | |||
1999 | Gerardus 't Hooft | ![]() |
![]() |
Por dilucidar a estrutura cuántica da interacción electrofeble na física de partículas. |
Martinus J. G. Veltman | ![]() | |||
2000 | Zhores Ivanovich Alferov | ![]() |
![]() |
Desenvolvemento de heteroestruturas semi-condutoras para a electrónica rápida e a optoelectrónica. |
Herbert Kroemer | ![]() |
![]() | ||
Jack S. Kilby | ![]() |
![]() | ||
2001 | Eric A. Cornell | ![]() |
![]() |
Pola realización doa condensado de Bose-Einstein en gases enrarecidos de átomos alcalinos. |
Wolfgang Ketterle | ![]() |
![]() | ||
Carl E. Wieman | ![]() |
![]() | ||
2002 | Masatoshi Koshiba (小柴 昌俊) | ![]() |
![]() |
Polas súas contribucións pioneiras á astrofísica, en particular na detección de neutrinos cósmicos (Koshiba e Davis), e a descuberta das fontes astrofísicas de raios X (Giacconi). |
Raymond Davis | ![]() |
![]() | ||
Riccardo Giacconi | ![]() | |||
2003 | Alekséi Alekséyevich Abrikósov (Алексей Алексеевич Абрикосов) | ![]() |
![]() |
Polas súas contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluídos. |
Vitaly L. Ginzburg (Виталий Лазаревич Гинзбур) | ![]() | |||
Anthony J. Leggett | ![]() |
![]() | ||
2004 | David Gross | ![]() |
![]() |
Polos seus descubrimentos sobre as interaccións dos quarks formulando o concepto de liberdade asintótica en cromodinámica cuántica. |
H. David Politzer | ||||
Frank Wilczek | ![]() | |||
2005 | Roy J. Glauber | ![]() |
![]() |
Roy J. Glauber pola súa contribución á teoría cuántica de coherdanza óptica. |
John L. Hall | ![]() |
John L. Hall e Theodor W. Hänsch, polas súas contribucións ó desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada en láser, incluíndo a técnica de frecuencia óptica combinada. | ||
Theodor W. Hänsch | ![]() |
![]() | ||
2006 | George Fitzgerald Smoot | ![]() |
![]() |
Pola descuberta da natureza dos corpos negros, da radiación cósmica de fondo e das súas anisotropías. |
John Cromwell Mather | ![]() | |||
2007 | Albert Fert (1/2) | ![]() |
"polo descubrimento magnetorresistencia xigante."[20] | |
Peter Grünberg (1/2) | ![]() |
![]() | ||
2008 | Yoichiro Nambu (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento do mecanismo da simetría rota espontánea na física subatómica".[21] |
Makoto Kobayashi (1/4) | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento da orixe da disimetría que predí cando menos a existencia de tres familias de quarks na natureza."[21] | |
Toshihide Maskawa (1/4) | ![]() | |||
2009 | Charles K. Kao (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polos logros innovadores sobre a transmisión de luz en fibra para a comunicación óptica."[22] |
Willard S. Boyle (1/4) | ![]() |
![]() |
"...pola invención dun circuíto de semicondutores de imaxe - o sensor CCD".[22] | |
George E. Smith (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2010 | Andre Geim (1/2) | ![]() |
![]() |
Polos seus traballos no desenvolvemento do grafeno.[23] |
Konstantín Novosiólov (1/2) | ![]() |
![]() | ||
2011 | Saul Perlmutter (1/2) | ![]() |
![]() |
Polo descubrimento da expansión acelerada do universo a través do estudo e observación das supernovas.[24] |
Adam Riess (1/4) | ![]() |
![]() | ||
Brian Schmidt (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2012 | Serge Haroche (1/2) | ![]() |
![]() |
Pola súa metodoloxía revolucionaria que permitiu medir e manipular os sistemas individuais de quanto.[25] |
David Wineland (1/2) | ![]() |
![]() | ||
2013 | Peter Higgs (1/2) | ![]() |
![]() |
Polos seus traballos e concepción do bosón de Higgs.[26] |
François Englert (1/2) | ![]() |
![]() | ||
2014 | Isamu Akasaki (1/3) | ![]() |
![]() |
"...pola invención de díodos emisores de luz azul eficientes que permiten fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía".[27] |
Hiroshi Amano (1/3) | ![]() |
![]() | ||
Shuji Nakamura (1/3) | ![]() |
![]() | ||
2015 | Takaaki Kajita (1/2) | ![]() |
![]() |
"...pola descuberta das oscilacións dos neutrinos, que permiten demostrar que os neutrinos teñen masa."[28] |
Arthur B. McDonald (1/2) | ![]() |
![]() | ||
2016 | David J. Thouless (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polos descubrimentos teóricos nas transicións de fase topolóxicas e as fases topolóxicas da materia."[29] |
Duncan Haldane (1/4) | ![]() |
![]() | ||
Michael Kosterlitz (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2017[30] | Rainer Weiss (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polas decisivas contribucións ao detector LIGO e á observación das ondas gravitacionais."[31] |
Kip Thorne (1/4) | ![]() |
![]() | ||
Barry Barish (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2018 | Arthur Ashkin (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polas pinzas ópticas e a súa aplicación aos sistemas biolóxicos."[32] |
Gérard Mourou (1/4) | ![]() |
![]() |
"...Polo seu método de xeración de pulsos ópticos de alta intensidade e ultra-curtos."[32] | |
Donna Strickland[33] (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2019 | James Peebles (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polos descubrimentos teóricos na cosmoloxía física."[34] |
Michel Mayor (1/4) | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela de tipo solar."[34] | |
Didier Queloz (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2020 | Roger Penrose (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento de que a formación de buratos negros é unha predición robusta da teoría xeral da relatividade."[35] |
Reinhard Genzel (1/4) | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia."[35] | |
Andrea Ghez (1/4) | ![]() |
![]() | ||
2021[36] | Syukuro Manabe (1/4) | ![]() |
![]() |
"...pola modelaxe do clima terrestre, a cuantificación da variabilidade e a predición fiable do quecemento global."[37] |
Klaus Hasselmann (1/4) | ![]() | |||
Giorgio Parisi (1/2)[38] | ![]() |
![]() |
"...polo descubrimento da interacción de trastornos e flutuacións nos sistemas físicos desde escalas atómicas a planetarias."[37] | |
2022[39] | Alain Aspect (1/3) | ![]() |
![]() |
"...polos seus experimentos con fotóns entrelazados, establecendo a violación das desigualdades de Bell e por ser pioneiros na ciencia da información cuántica."[40] |
John Clauser (1/3) | ![]() |
![]() | ||
Anton Zeilinger (1/3) | ![]() |
![]() | ||
2023[41][42][43] | Pierre Agostini (1/3) | ![]() |
![]() |
"...polos métodos experimentais que xeran pulsos attosegundos de luz para o estudo da dinámica electrónica na materia."[44] |
Ferenc Krausz (1/3) | ![]() |
![]() | ||
Anne L'Huillier[45] (1/3) | ![]() | |||
2024[46][47] | John Hopfield (1/2) | ![]() |
![]() |
"...polos seus descubrimentos fundamentais que permitan a aprendizaxe automática con redes neuronais artificiais."[48] |
Geoffrey Hinton(1/2) | ![]() |
![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Nobel Prize". nobelprize.org/ (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ "Alfred Nobel (1833-1896)". bbc.co.uk (en inglés). 2014. Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ Sohlman (1983), p. 7
- ↑ "Full text of Alfred Nobel’s will". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro d 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ "Nobel Prize Award Ceremonies". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024.
- ↑ O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel, www
.nobelprize .org /nobel _prizes /physics /laureates / - ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Facts on the Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ "Nobel Prize awarded women". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1901". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1902". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ 12,0 12,1 "The Nobel Prize in Physics 1903". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1904". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1905". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1928". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ Freire, Noelia (13 de xaneiro de 2024). "Erwin Schrödinger y su fascinante (aunque poco conocida) faceta filosófica". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1945". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ País, Ana (21 de marzo de 2021). "Maria Goeppert Mayer, la nobel de Física que explicó los "números mágicos" mientras investigaba sin que le pagaran". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ Montero, Tamara (12 de setembro de 2024). "Klaus von Klitzing, premio Nobel de Física: «No invertiría mi dinero en la fusión nuclear»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2007". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2024.
- ↑ 21,0 21,1 "The Nobel Prize in Physics 2008". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2024.
- ↑ 22,0 22,1 "The Nobel Prize in Physics 2009". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2010". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2011". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2012". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2013". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2014". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2015". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2016". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ Forssman, Alec (3 de outubro de 2017). "El Premio Nobel de Física de 2017 a la detección de las ondas gravitacionales". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2017". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ 32,0 32,1 "The Nobel Prize in Physics 2018". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ Freire, Noelia (17 de febreiro de 2024). "Donna Strickland, la primera Nobel de Física del siglo XXI". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ 34,0 34,1 "The Nobel Prize in Physics 2019". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ 35,0 35,1 "The Nobel Prize in Physics 2020". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ Redacción (5 de decembro de 2021). "Nobel de Física 2021 para los sistemas físicos complejos y los estudios del clima". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ 37,0 37,1 "The Nobel Prize in Physics 2021". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ Barone, Luca Tancredi (12 de outubro de 2021). "Giorgio Parisi, Nobel de Física: “Saber cómo funciona el vuelo de los estorninos puede servir para entender la moda”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ Flores, Javier (6 de outubro de 2022). "Premio Nobel de Física 2022 para los investigadores del entrelazamiento cuántico". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2022". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Vacas, Constanza; Pereira Carvalho, Tiago (10 de abril de 2024). "Prémio Nobel de Física 2023 vai para Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier". nationalgeographic.pt (en portugués). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ Redacción (3 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Física 2023: qué son los pulsos de luz de attosegundos por los que Pierre Agostini, Ferenc Krausz y Anne L'Huillier recibieron el galardón". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2023". nobelprize.org (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2024.
- ↑ Ansede, Manuel (6 de outubro de 2023). "Anne L’Huillier, ganadora del Nobel de Física: “Las personas estamos compuestas básicamente de espacio vacío”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ Redacción (8 de outubro de 2024). "El Nobel de Física, para los científicos que enseñaron a aprender a las máquinas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ Criado, Miguel Ángel (8 de outubro de 2024). "Premio Nobel de Física 2024 a John Hopfield y Geoffrey Hinton por poner las bases de la inteligencia artificial". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2024". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 7 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premio Nobel de Física ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sohlman, Ragnar (1983). The Legacy of Alfred Nobel: The Story behind the Nobel Prizes (en inglés). Londres: Bodley Head. ISBN 0 370 30990 1.