Robert Hofstadter
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1915 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 17 de novembro de 1990 ![]() Stanford, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Princeton City College de Nova York DeWitt Clinton High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física ![]() |
Ocupación | físico , profesor universitario , científico nuclear , astrofísico ![]() |
Empregador | Universidade Stanford ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Doutorando | Howard Hunt Pattee, Jr. (en) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Douglas Hofstadter (pt) ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() |
Robert Hofstadter, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1915 e finado en Palo Alto (California) o 17 de novembro de 1990, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de raíces xudías polacas. Graduado en física e matemáticas en 1935 polo City College of New York, doutorouse no ano 1938 pola Universidade de Princeton.
Foi pai do científico e filósofo Douglas Hofstadter.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Profesor da Universidade Stanford entre 1950 e 1985, as súas investigacións científicas centráronse na estrutura dos nucleóns. En 1961 compartiu con Rudolf Mößbauer, aínda cando por traballos diferentes, o Premio Nobel de Física polos seus estudos, pioneiros, sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns.