Walter Houser Brattain
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1902 ![]() Xiamen (Dinastía Qing) ![]() |
Morte | 13 de outubro de 1987 ![]() Seattle (Estados Unidos de América) ![]() |
Causa da morte | alzhéimer ![]() |
Educación | Whitman College (en) ![]() Queen Anne High School (en) ![]() Tonasket High School (en) ![]() Universidade de Minnesota (pt) ![]() Universidade de Oregón University of Oregon College of Arts and Sciences (en) ![]() ![]() |
Director de tese | John Torrence Tate Sr. (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física ![]() |
Ocupación | físico, inventor ![]() |
Empregador | Whitman College (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Keren Gilmore Brattain Emma Jane Miller ![]() |
Pai | Ross Brattain ![]() |
Irmáns | Robert Brattain ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Physicists: Biographical Dictionary (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Walter Houser Brattain, nado en Xiamen (China) o 10 de febreiro de 1902 e finado en Seattle (Washington) o 13 de outubro de 1987, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Xiamen, situada na provincia chinesa de Fujian. Estudou no Whitman College de Walla Walla, no Estado de Washington, licenciándose en física e matemáticas en 1924.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Tras traballar como físico na división de radio do Instituto Nacional de Modelos e Tecnoloxía, o 1929 incorporouse aos Laboratorios Bell. O seu principal campo de investigación foi o estudo das propiedades das superficies dos sólidos, e en particular a da estrutura atómica dun material a nivel superficial, a cal difire da do interior. Xunto aos físicos norteamericanos William Shockley, director do proxecto, e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico denominado transistor. Anunciouse por primeira vez en 1948 e acabouse o 4 de xullo de 1951, empregándose comercialmente en radios portátiles, audífonos e outros aparellos.
No ano 1956 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Shocley e Bardeen, pola súa investigación en semicondutores e polo descubrimento do efecto transistor.