Saltar ao contido

Aeroporto Internacional de Osaca

Aeroporto Internacional de Osaca
Aeroporto Internacional de Itami
大阪国際空港Ōsaka Kokusai Kūkō

IATA: ITM – ICAO: RJOO
Sumario
Tipo público
Localización Itami, prefectura de Hyōgo
Ikeda e Toyonaka, prefectura de Osaca
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14R/32L 3 000 9 843 formigón asfáltico
14L/32R 1 828 5 997 formigón asfáltico
Estatísticas (2010)
Avións 62 293
Pasaxeiros 14 193 277
Volume de carga 125 736 t

O Aeroporto Internacional de Osaca (大阪国際空港 Ōsaka Kokusai Kūkō) (IATA: ITM, ICAO: RJOO) ou Aeroporto Internacional de Osaca-Itami é o principal aeroporto doméstico da rexión xaponesa de Kansai, que inclúe as grandes cidades de Osaca, Kyoto e Kobe. Está clasificado como un aeroporto de primeira clase.

Adoita a chamarse Aeroporto de Itami (伊丹空港 Itami Kūkō) debido a que a meirande parte do mesmo está situado en Itami, na prefectura de Hyōgo. O complexo da terminal está localizado en Toyonaka, na prefectura de Osaca, e o único acceso dende o lado de Itami é a través dun longo túnel que pasa por debaixo da pista de aterraxe e da plataforma. Unha parte da propiedade do aeroporto é de Ikeda, Osaca.

A pesar da súa designación de "internacional", o seu tráfico de pasaxeiros é totalmente doméstico. O Aeroporto Internacional de Kansai (a 43 quilómetros) fíxose cargo dos voos internacionais de Osaca en 1994 e compite con el polo tráfico doméstico. Osaca tamén compite co Aeroporto de Kobe (a 26 km), un pequeno aeroporto doméstico aberto en 2006, aínda que ese ano o aeroporto foi o máis usado da rexión e o 3º do Xapón.

Durante o ano 2010 o aeroporto tivo un movemento de 62 293 avións (procedentes de 32 cidades). O número total de pasaxeiros foi de 14 193 277, e o volume de carga de 125 736 toneladas métricas.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
All Nippon Airways Fukuoka, Hakodate, Kagoshima, Kumamoto, Miyazaki, Nagasaki, Naha, Sapporo-Chitose, Sendai, Toquio-Haneda, Toquio-Naritaa
Estacional: Kushiro
All Nippon Airways
operado por ANA Wings
Akita, Aomori, Fukuoka, Fukushima, Kōchi, Matsuyama, Niigata, Oki, Ōita, Shizuoka, Toquio-Narita
Estacional: Iwami
All Nippon Airways
operado por Ibex Airlines
Fukuoka, Fukushima, Niigata, Ōita, Oki, Sendai
Amakusa Airlines Kumamoto
Japan Airlines Amami Ōshima, Naha, Sapporo-Chitose, Toquio-Haneda, Toquio-Narita
Estacional: Asahikawa, Memanbetsu
Japan Airlines
operado por J-Air
Akita, Aomori, Fukuoka, Hakodate, Hanamaki, Izumo, Kagoshima, Kumamoto, Matsuyama, Misawa, Miyazaki, Nagasaki, Niigata, Ōita, Sendai, Yamagata
Estacional: Matsumoto
Japan Airlines
operado por Japan Air Commuter
Izumo, Oki, Tajima, Yakushima
Estacional: Tanegashima
Aeroliñas Destinos
ANA Cargo Toquio-Haneda, Naha

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]