Aeroporto de Córdoba, España
Aeroporto de Córdoba | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | AENA | ||
Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Córdoba | ||
Localización | Córdoba | ||
Elevación (msnm) | 90 metros / 296 pés | ||
Coordenadas | |||
O Aeroporto de Córdoba é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 6 km ao suroeste da cidade de Córdoba.
O aeroporto conta cunha única pista, de 2 285 por 60 metros, e unha plataforma de 31 022 metros cadrados. A terminal de pasaxeiros está situada na planta baixa do edificio principal e inclúe a zona de saídas, chegadas, cafetería, servizos e oficinas de administración. O aeroporto dispón tamén dun edificio de servizos e dunha zona de aviación xeral, que conta con almacéns e oficinas.
Durante un curto período, en 2008, Flysur Aerolíneas de Andalucía voou desde este aeroporto a Vigo, Barcelona e Bilbao, sendo as únicas liñas regulares que operaron nel en moito tempo. Na actualidade, non existen aeroliñas que operen no aeroporto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web en aena-aeropuertos.es Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)