Saltar ao contido

Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia


Aeroporto Internacional Rexión de Murcia
Aeropuerto Internacional Región de Murcia
IATA: RMU – ICAO: LEMI
Sumario
Tipo Civil
Cidade/Illa Murcia
Localización Corvera, Los Martínez del Puerto e Valladolises
Elevación (msnm) 193 metros / 633 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 3.000x45 9.843x148 asfalto

O Aeroporto Internacional Rexión de Murcia-Juan de la Cierva (IATA: RMU, OACI: LEMI) é un aeroporto novo de recente construción situado no municipio de Murcia (España), cuxas obras se iniciaron en xullo de 2008 e remataron a principios de 2012. Abriuse ao público o 15 de xaneiro de 2019.[1]

En xullo de 2017 a Asemblea Rexional de Murcia decidiu renomear o aeroporto a Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia-Juan de la Cierva, en homenaxe ao inventor do autoxiro.[2]

O aeroporto foi promovido polo Goberno Rexional, o cal avalou con 200 millóns de euros as obras do aeroporto.[3] Tivo que asumir esta débeda en 2013 trala execución do aval, ademais de sufragar os case 22 000 euros diarios necesarios para o mantemento das instalacións a pesar de non estar aínda en funcionamento.[4]

O 20 de decembro de 2017, Aena quedou como adxudicataria do concurso para a xestión do aeroporto. A pesar de que se especulara coa posibilidade de que os aeroportos de San Javier e Corvera se mantivesen abertos simultaneamente, finalmente trasladaranse todas as operacións de San Javier ao novo aeroporto.[5][6] É o primeiro aeroporto privado que xestionará Aena.

Características

[editar | editar a fonte]

A terminal de pasaxeiros ten 28 500 e o aeroporto dispón dunha pista de 3 km de lonxitude e 45 m de ancho. Está situado entre as pedanías de Corvera, Los Martínez del Puerto e Valladolises, dentro do termo municipal de Murcia e enlazado á A-30, unido a ela mediante as autovias autonómicas RM-16 e RM-17.

A terminal está dotada de 9 portas de embarque, 25 mostradores de facturación e 4 fitas de recollida de equipaxes. Ten unha capacidade de 3 millóns de pasaxeiros ao ano ou 23.000 movementos.

A pista dispón dunha rúa de saída rápida e 4 apartados de espera. Está equipada co instrumental de precisión ILS CAT I e o instrumental de non precisión (DVOR/DME). A categoría OACI de Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios é de 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]