Aeroporto de Teruel
Aeroporto de Teruel Aeropuerto de Teruel
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Civil - Aviación xeral e non comercial. | ||
Cidade/Illa | Teruel | ||
Elevación (msnm) | 636 metros / 2086,61 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
18/36 | 2.825 | 9.266 | asfalto |
O Aeroporto de Teruel (OACI: LETL), coñecido baixo o nome comercial de Plataforma Aeroportuaria - Teruel PLATA, é un aeroporto situado a 12 km da cidade de Teruel, en servizo dende febreiro de 2013. Está destinado a ser un centro de mantemento, almacenamento de curta e longa duración e reciclado de aeronaves. Non está previsto o tráfico comercial de pasaxeiros neste aeroporto.
O aeroporto aséntase sobre as instalacións da antiga Base Aérea de Caudé do Exército do Aire, que tras quedar obsoleta foi vendida ao Concello de Teruel, o cal, conxuntamente coa Deputación Xeral de Aragón é o promotor deste proxecto.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Ten unha pista de nova construción de 2.825 metros de longo, unha plataforma de mantemento de aeronaves de 27.200 m², e unha plataforma de estacionamento de 120 hectáreas, a maior de Europa. A pista permite a engalaxe de voos suborbitais. Conta cunha zona industrial de 33 ha para a implantación de empresas e un hangar con capacidade para avións tipo Boeing 747. Ademais dispón dunha terminal de servizos xerais e unha base de extinción de incendios.
Accesos
[editar | editar a fonte]O aeroporto está comunicado por estrada a través da N-234 e da A-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do Aeroporto de Teruel Arquivado 22 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)