Aeroporto de Kristianstad
Aparencia
Aeroporto de Kristianstad Kristianstad Österlen Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Kristianstad Airport AB | ||
Cidade/Illa | Kristianstad | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01/19 | 2 215 | 7 267 | asfalto |
O aeroporto de Kristianstad (IATA: KID, ICAO: ESMK) é un aeroporto rexional sueco situado ás aforas da cidade de Kristianstad en Escania.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi construído durante os anos 40 para uso militar. No ano 1961 comezou a ser usado pola aviación civil. Estocolmo sempre foi o principal destino por número de pasaxeiros. Tamén operou algúns voos internacionais como Copenhague (antes da construción da ponte de Öresund), Londres, Liubliana, Kaunas e Palanga. O aeroporto pertenceu ao estado sueco ata 2004, pero a día de hoxe é da cidade e do condado de Kristianstad.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Sparrow Aviation operado Amapola Flyg |
Estocolmo-Arlanda[1] |
Corendon Airlines | Estacional: Antalya |
Scandjet | Estacional: Rijeka, Catania |