Afrancesado
Afrancesado é o nome co cal se coñece en España e Portugal aos partidarios da Revolución Francesa, do liberalismo e das ideas da Ilustración que apoiaron a ocupación francesa da Península Ibérica durante o Primeiro Imperio Francés.
Historia e características
[editar | editar a fonte]En España o termo xa aparecera durante o reinado de Carlos III aínda que tiña un carácter neutro e só designaba os que seguían as modas francesas e só adquiriu un significado pexorativo durante o reinado de Xosé I, irmán de Napoleón e que pretendeu reformar as estruturas do estado. Cando caeu o réxime bonapartista en España gran parte dos afrancesados marcharon ao exilio a Francia, entre 4 000 e 12 000. Durante a amnistía de 1820 moitos volveron pero coa fin do trienio liberal volverán cruzar a fronteira.
Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia houbo 600 acusados de colaborar co goberno de Xosé I, foi a cidade de Santiago de Compostela onde maior fora a influencia dos partidarios de Bonaparte co apoio dunha parte pequena dos profesores da Universidade, existindo xa desde comezos de século un club liberal dirixido por Pedro Bazán de Mendoza e Manuel Acuña, aínda que este último se oporá aos franceses. Pola contra Bazán de Mendoza foi o principal valedor dos franceses en Galicia, despois da chegada dos franceses á cidade en xaneiro de 1809 foi director da Universidade, xefe de policía e superintendente do exército. Na cidade da Coruña os afrancesados eran comerciantes de orixe francesa, destacando os irmáns Barrié e membros da burocracia local. En Ferrol os máximos dirixente foran Manuel de la Piedra e o xeneral Pedro Obregón, que contaba co apoio dalgúns militares. En Vigo os afrancesados máis importantes tamén eran comerciantes de orixe francesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Xosé Ramón Barreiro Fernández, Aproximación histórica ó tema dos afrancesados en Galicia nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986