Airbus CC-150 Polaris
Airbus CC-150 Polaris | |
---|---|
Tipo | transporte estratéxico/transporte VIP/repostaxe en voo |
Fabricante | Airbus |
Introducido | 1992 |
Estado | activo |
Principais usuarios | Forzas Armadas do Canadá Real Forza Aérea do Canadá |
Unidades construídas | 5 (todos A310-300 convertidos) |
Airbus CC-150 Polaris é a designación para os Airbus A310-300 que foron convertidos para ser usados como transporte de longa distancia e avión de reabastecemento en voo na Real Forza Aérea Canadense.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A frota de cinco avións Airbus foi mercada orixinalmente por Wardair como avións de pasaxeiros civís. Os cinco foron entregados entre 1987 e 1988 e transferidos a Canadian Airlines cando as dúas aeroliñas se fusionaron en 1989. Posteriormente foron mercados polas forzas armadas canadenses e convertidos para uso militar, entrando en servizo entre decembro de 1992 e agosto de 1993.[1][2] Catro dos cinco aparellos convertéronse no stándar Combi-Freighter cun chan reforzado e unha porta de carga lateral. O quinto foi modificado para operar como transporte VIP para o goberno canadense.
O CC-150 substituíu o Boeing CC-137 (un Boeing 707 convertido) como transporte estratéxico tras a retirada da derradeira unidade con esa configuración en 1995.
Conversión en avión de reabastecemento en voo
[editar | editar a fonte]En 2008 dous dos cinco CC-150 foron convertidos en avións de reabastecemento en voo para a frota de CF-18 como parte do programa Multi Role Tanker Transport (MRTT). O programa MRTT iniciouse debido a un requirimento da Luftwaffe e proporcionou unha solución rendible para as forzas armadas do Canadá. Os avións convertidos foron designados CC-150T.
A RCAF usa C-130 convertidos, designados CC-130H(T), para reabastecemento aéreo táctico, pero a súa operatividade é limitada cando os CF-18 son despregados no estranxeiro, onde se adapta mellor unha plataforma estratéxica de reabastecemento en voo. Como resultado da conversión MRTT do CC-150 Canadá recuperou a súa propia capacidade estratéxica de reabastecemento, que se perdera cando o derradeiro CC-137 fora retirado en 1997.
O primeiro CC-150T convertido completou as súas probas de aceptación en maio de 2008.[3]
Operadores
[editar | editar a fonte]- Real Forza Aérea do Canadá - 5 unidades no 437 Escuadrón de Transporte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Planespotters (ed.). "15003 Canadian Armed Forces Airbus CC-150 Polaris (A310-304)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "15005 Canadian Armed Forces Airbus CC-150T Polaris (A310-304 MRTT)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ "Strategic air-to-air refuelling capability". Royal Canadian Air Force. 2012-04-18. Archived from the original on 18 de abril de 2012. Consultado o 2023-07-09.