Airbus A330 MRTT
A330 MRTT / KC-30A Voyager | |
---|---|
Tipo | repostaxe en voo e transporte |
Fabricante | Airbus Military |
Primeiro voo | 15 de xuño do 2007 |
Introducido | 1 de xuño do 2011 |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Foza Aérea Saudita Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos |
Unidades construídas | 29 |
O Airbus A330 Multi Role Tanker Transport(MRTT) é un avión de repostaxe en voo baseado na aeronave de pasaxeiros civil Airbus A330-200. O A330 MRTT foi pedido polas forzas aéreas de Australia, Reino Unido, Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudita. O EADS/Northrop Grumman KC-45 foi unha versión do A330 MRTT proposta para a Forza Aérea dos Estados Unidos, pero o programa foi cancelado.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Airbus A330 MRTT é un derivado militar do avión de pasaxeiros A330-200. Está deseñado para os roles de repostaxe aérea e transporte. Para misión de repostaxe aérea o A330 MRTT pode equiparse cunha combinación ou calquera dos seguintes sistemas: un sistema de repostaxe de pértiga ou vainas de repostaxe baixo as ás, ademais dun receptáculo para poder ser tamén recargado no aire.
O A330 MRTT ten unha capacidade máxima de combustible de 111 000 kg sen o uso de tanques adicionais, o que deixa un espazo para 45 000 kg de carga a maiores. A á do A330 MRTT ten unha estrutura común coa do catrimotor A340-200/-300 con partes reforzadas e disposición para tubos de combustible para os motores a bordo do A340. A á do A330 MRTT así precisa poucas modificacións para o uso deses reforzos para as vainas de reabastacemento das ás.[1]
A cabina do A330 MRTT pode modificarse para levar ata 380 pasaxeiros nunha única clase, permitindo un completo rango de configuracións dende maximizar o transporte de tropas ata unha complexa personalización para transporte VIP. Entre as configuracións dispoñibles están 300 pasaxeiros nunha clase e 266 en dúas. O A330 MRTT tamén pode configurarse para realizar misións de evacuación médica; pode levar ata 130 padiolas stándar. A configuración da bodega de carga principal permite levar contedores comerciais, e contedores e palés militares, ISO e OTAN, ademais de equipo militar e outros obxectos grandes que son cargados a través dunha porta de carga. Ao igual que o A330-200, o A330 MRTT ten dous compartimentos de carga na bodega inferior e capacidade de área a granel. A bodega de carga foi modificada para ser capaz de transprtar ata 8 palés militares ademais de elementos unitarios de carga (ULD) civís.
Pode instalarse un compartimento de descanso para a tripulación opcional, situado na parte dianteira da cabina, para unha tripulación de reposto e así aumentar o tempo dispoñible de misión. Á cabina de pasaxeiros do A330 MRTT pode instalárselle unha serie de escaleiras desmontable para permitir o embarque e desembarque cando non hai dispoñibles pasarelas ou equipo de apoio en terra.
Os A330-200 comerciais stándar son entregados dende a liña de montaxe de Airbus en Tolosa, Francia ao centro de conversión de Airbus Military en Xetafe, para equiparlles os sistemas de reabastecemento e a aviónica militar. O avión de reabastecemento foi certificado polas autoridades españolas en outubro de 2010.[2] O primeiro foi entregado a Australia o 1 de xuño de 2011.[3] Qantas Defence Services converteu os outros catro A330-200 nas súas instalacións do aeroporto de Brisbane no nome de EADS para a Real Forza Aérea de Australia.[4]
O 30 de setembro de 2016, Airbus Defence and Space completou o primeiro voo do new standard A330 MRTT. O new standard conta con modificacións estruturais, melloras aerodinámicas para aforrar un 1% de combustible, aviónica actualizada e sistemas militares mellorados. A primeira entrega está planeada para o ano 2018.[5]
O equipo Airbus/Saab propuxo un avión AWACS baseado nun A330 cun radar Erieye de Saab ao Ministerio de Defensa británico en 2018 para substituír a súa frota de E-3D.[6]
Operadores
[editar | editar a fonte]- Luftwaffe - 4 pedidos que serán propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[7]
- Real Forza Aérea de Arabia Saudita - 6 entregados.
- Real Forza Aérea de Australia - 7 en servizo.[8]
- Forza Aérea de Bélxica - 1 pedido que será propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[9]
- Forza Aérea da República de Corea - 4 entregados.
- Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos - 3 entregados.[10]
- Forza Aérea de Francia - 15 avións pedidos con 3 entregados.[11]
- Real Forza Aérea de Noruega - 1 pedido que será propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[7]
- Real Forza Aérea dos Países Baixos - 2 avións pedidos cun xa entregado. Os dous serán propiedade da OTAN como parte da Multinational Multi-Role Tanker Transport Fleet (MMF).[12]
- Royal Air Force - 16 entregados.[13]
- Forza Aérea da República de Singapur - 6 entregados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A330-200 MRTT Future Strategic Tanker Aircraft (FSTA) - Airforce Technology". Airforce Technology (en inglés). Consultado o 2018-11-28.
- ↑ "A330 tanker gains military certification". Flightglobal.com (en inglés). 2010-10-06. Consultado o 2018-11-28.
- ↑ "First RAAF KC-30 arrives - Australian Aviation". Australian Aviation (en inglés). 2011-05-31. Consultado o 2018-11-28.
- ↑ "Qantas receives second A330 for Australia's KC-30 tanker conversion". Flightglobal.com (en inglés). 2009-06-25. Consultado o 2018-11-28.
- ↑ "First new standard A330 MRTT makes maiden flight". 2016-10-13. Archived from the original on 13 de outubro de 2016. Consultado o 2018-11-28.
- ↑ "UK MoD: Other bidders didn’t have a chance against Boeing Wedgetail". Defense News (en inglés). 2018-11-15. Consultado o 2022-03-14.[Ligazón morta]
- ↑ 7,0 7,1 "Germany and Norway place firm order for fleet of five NATO-owned Airbus A330 MRTT tankers". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Sixth RAAF KC-30A arrives at Amberley". Australian Aviation (en inglés). 2017-09-18. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Belgium to invest in multi-role tanker plane". Reuters (en inglés). 2017-12-22. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ Hoyle, Craig. "Airbus Military completes A330 tanker deliveries to UAE". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "La France prévoit de consacrer 295 milliards d'euros à sa défense entre 2019 et 2025". Europe 1 (en francés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Netherlands, Luxembourg Pitch In Two Airbus Tankers For NATO Fleet". archive.vn. 2016-10-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Royal Air Force". Royal Air Force (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A330 MRTT |