Alan Rickman
Alan Sidney Patrick Rickman, nado o 21 de febreiro de 1946 en Acton (Londres) e finado o 14 de xaneiro de 2016,[1][2] foi un actor e director inglés de cine e teatro. Rickman foi membro da Royal Shakespeare Company, coa cal realizou producións modernas e clásicas. O seu primeiro gran papel foi o do Vizconde de Valmont na obra Les Liaisons Dangereuses en 1985, polo cal foi nomeado a un Premio Tony. Rickman acadou o recoñecemento internacional polas súas actuacións de Hans Gruber en Die Hard e de Severus Snape na serie de Harry Potter.
Outros papeis de sona no cine foron o de Sheriff de Nottingham en Robin Hood, príncipe dos ladróns, de Jamie en Truly, Madly, Deeply, do Coronel Brandon en Sense and Sensibility, de Harry en Love Actually, P.L. O'Hara en An Awfully Big Adventure, Alexander Dane en Galaxy Quest, e do Xuíz Turpin en Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street.
En 1995, Rickman foi galardoado co Globo de Ouro, un Emmy e un Screen Actors Guild pola súa interpretación de Rasputín en Rasputin: Dark Servant of Destiny. Gañou tamén un BAFTA polo seu papel de Robin Hood. Foi padriño do actor Tom Burke.[3]
Rickman morreu de cancro o 14 de xaneiro de 2016 con 69 anos.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1978 | Romeo and Juliet | Tybalt | |
1980 | Thérèse Raquin | Vidal | BBC |
1980 | Shelley | Clive | Episodio #1.7 |
1982 | Busted | Simon | Telefilme da BBC |
1982 | Smiley's People | Mr. Brownlow | Episodio #1.2 |
1982 | The Barchester Chronicles | Reverendo Obadiah Slope | BBC Miniserie |
1985 | Return of the Native | Narrador | |
1985 | Summer Season | Croop | Serie de televisión da BBC |
1985 | Girls On Top | Dimitri / Voz de RADA | Serie de televisión da CIT |
1988 | Die Hard | Hans Gruber | |
1989 | Revolutionary Witness | Jacques Roux | Curtametraxe da BBC |
1989 | O asasino do calendario | Ed, o pintor | |
1989 | Screenplay | Israel Yates | BBC Serie de televisión |
1990 | Quigley Down Under | Elliot Marston | |
1991 | Truly, Madly, Deeply | Jamie | |
1991 | Robin Hood, príncipe dos ladróns | Sheriff de Nottingham | |
1991 | Close My Eyes | Sinclair Bryant | |
1991 | Closet Land | O interrogador | |
1992 | Bob Roberts | Lukas Hart III | |
1993 | Fallen Angels | Dwight Billings | |
1994 | Mesmer | Franz Anton Mesmer | |
1995 | An Awfully Big Adventure | P.L. O'Hara | |
1995 | Sense and Sensibility | Coronel Brandon | |
1996 | Rasputin: Dark Servant of Destiny | Rasputin | |
1996 | Michael Collins | Éamon de Valera | |
1996 | Castle Ghosts of Ireland | Tyde | Documental |
1997 | The Winter Guest | Home da rúa | Director e guionista |
1998 | Judas Kiss | Detective David Friedman | |
1998 | Dark Harbor | David Weinberg | |
1999 | Dogma | O Metatron | |
1999 | Galaxy Quest | Alexander Dane/Dr. Lazarus | |
2000 | Help! I'm a Fish | Joe | Voz |
2001 | Play | Home | |
2001 | Blow Dry | Phil Allen | |
2001 | The Search for John Gissing | John Gissing | |
2001 | Harry Potter e a pedra filosofal | Severus Snape | |
2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos | Severus Snape | |
2002 | King of the Hill | Rei Philip | Voz |
2003 | Love Actually | Harry | |
2004 | Something the Lord Made | Alfred Blalock | |
2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban | Severus Snape | |
2005 | Harry Potter e o Cáliz de fogo | Severus Snape | |
2005 | The Hitchhiker's Guide to the Galaxy | Marvin o androide paranoico | Voz |
2006 | Das Parfum – Die Geschichte eines Mörders | Antoine Richis | |
2006 | Snow Cake | Alex Hughes | |
2007 | Nobel Son | Eli Michaelson | |
2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix | Severus Snape | |
2007 | Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street | Xuíz Turpin | |
2008 | Bottle Shock | Steven Spurrier | |
2009 | Harry Potter e o misterio do príncipe | Severus Snape | |
2010 | Alice in Wonderland | Caterpillar | Voz |
2010 | Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | Severus Snape | |
2010 | The Wildest Dream | Noel Odell | |
2010 | The Song of Lunch | El mesmo | |
2011 | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) | Severus Snape | |
2011 | The Boy in the Bubble | Narrador | Curta animada |
2011 | Back at the Barnyard | Xeneral Alien | Episodio: "Aliens" |
2012 | Gambit | Lord Shahbandar | |
2013 | The Butler | Ronald Reagan | |
2013 | A Promise | Karl Hoffmeister | |
2013 | CBGB | Hilly Kristal | |
2013 | Dust | Todd | |
2015 | A Little Chaos | King Louis XIV | Tamén director e co-guionista |
2015 | Eye in the Sky | Tenente xeneral Frank Benson | |
2016 | Alice Through the Looking Glass | Absolem (voz) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Guardian (ed.). "Alan Rickman, giant of British film and theatre, dies at 69". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ BBC News (ed.). "Actor Alan Rickman 'dies aged 69'". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Relative Values: Little did I know my boy would become a Musketeer Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., thesundaytimes.co.uk; consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Bernstein, Adam (14 de xaneiro de 2016). "Alan Rickman, actor who brought dynamic menace to ‘Die Hard’ and ‘Harry Potter,’ dies at 69". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Rickman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)