Saltar ao contido

Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e o preso de Azkaban
Ficha técnica
Título orixinalHarry Potter and the Prisoner of Azkaban
DirectorAlfonso Cuarón
ProdutorChris Columbus
David Heyman
Mark Radcliffe
GuiónSteve Kloves
Baseado enHarry Potter e o preso de Azkaban de J. K. Rowling
IntérpretesDaniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Michael Gambon
Gary Oldman
David Thewlis
Timothy Spall
Emma Thompson
MúsicaJohn Williams
FotografíaMichael Seresin
MontaxeSteven Weisberg
EstudioHeyday Films
1492 Pictures
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 31 de maio de 2004
4 de xullo de 2004
Galicia 27 de maio de 2008 (TVG)
Duración142 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía
Orzamento$130 000 000[1]
Recadación$796 700 000
Filme anteriorHarry Potter e a Cámara dos Segredos
Filme seguinteHarry Potter e o Cáliz de fogo
Na rede
https://www.wizardingworld.com/discover/films/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban
IMDB: tt0304141 Filmaffinity: 832057 Allocine: 46865 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_prisoner_of_azkaban Mojo: harrypotter3 Allmovie: v283812 TCM: 535218 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban TV.com: movies/harry-potter-and-the-prisoner-of-azkaban Netlix: 60034567 Editar o valor en Wikidata

Harry Potter e o preso de Azkaban (en inglés: Harry Potter and the Prisoner of Azkaban) é un filme de fantasía[2] dirixido por Alfonso Cuarón e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o terceiro filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por Chris Columbus, David Heyman e Mark Radcliffe. A historia céntrase no terceiro ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que un prisioneiro chamado Sirius Black escapa do cárcere máxico de Azkaban co obxectivo de matar a Harry. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Gary Oldman, David Thewlis, Timothy Spall e Emma Thompson.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido o 31 de maio de 2004 e nos Estados Unidos o 4 de xuño de 2004 e foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX. Tamén foi a última en poñerse á venda en formato VHS. Recibiu dúas candidaturas aos Premios Oscar: Oscar á mellor banda sonora e Oscar ós mellores efectos visuais, que finalmente gañaron Finding Neverland e Spider-Man 2, respectivamente. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidenses.

Estreouse en galego na TVG o 27 de maio de 2008.[3]

Malia que o preso de Azkaban foi o filme da saga con mellor acollida pola crítica cunha recadación nas salas internacionais dun total de 795,6 millóns de dólares,[2] é a que fixo menor caixa de todas as longametraxes.

O comezo do terceiro curso de Harry Potter en Hogwarts coincide coa fuxida dun preso chamado Sirius Black do cárcere máxico de Azkaban; o convicto semella estar disposto a matar a Harry. Mentres tanto, Remus Lupin únese ao persoal docente da escola máxica como novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e o Ministerio de Maxia confía aos Dementores de Azkaban a protección de Hogwarts fronte a Black. Harry descobre máis acerca do seu pasado e a súa conexión co prisioneiro escapado.

As novas adicións ao elenco inclúen os seguintes actores:

Produción

[editar | editar a fonte]

A fotografía principal comezou o 24 de febreiro de 2003,[5] en Leavesden Film Studios e finalizou en outubro de 2003.[6]

Algúns dos decorados para o filme situáronse en Glen Coe, Escocia, preto de Clachaig Inn. Os platós interiores, como os dos filmes anteriores, atópanse principalmente en Leavesden Film Studios. O lago de Hogwarts foi gravado no lago Shiel nas Terras Altas Escocesas. A ponte que cruza o Expreso de Hogwarts e que tamén aparece en n’a Cámara dos Segredos atópase no lado oposto ao lago Shiel e usouse durante a secuencia dos Dementores abordando o tren. Tamén hai breves escenas do filme rodadas en Palmers Green ao norte de Londres e nos arredores de Borough Market e Lambeth Bridge, tamén en Londres.

Rowling permitiu a Cuarón facer pequenos cambios con respecto ao libro, baixo a condición de que se cinguise ao espírito da novela.[7] Deixou que incluíse un reloxo de sol nos xardíns de Hogwarts, pero rexeitou a idea de incluír un cemiterio, que xogaría un papel importante no sexto libro, daquela aínda sen publicar.[7]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]
Harry Potter e o preso de Azkaban
Banda sonora de John Williams
25 de maio de 2004
Estudio de gravaciónAbbey Road Studios
Duración68:37
XéneroBanda sonora
Selo discográficoWarner/Sunset
Cronoloxía
Harry Potter e a Cámara dos Segredos
(2002)
Harry Potter e o preso de Azkaban
(2004)
Harry Potter e o Cáliz de fogo
(2005)

A banda sonora de Harry Potter e o preso de Azkaban lanzouse ao mercado o 25 de maio de 2004. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película e aos Premios World Soundtrack na categoría de mellor banda sonora.

O álbum foi ben recibido pola crítica cinematográfica musical. Archie Watt de MovieCues concedeu unha valoración de cinco estrelas á banda sonora e púxoa na lista das mellores do ano.

Lista de pistas
  1. "Lumos! (Hedwig's Theme)" - 1:38
  2. "Aunt Marge's Waltz" - 2:15
  3. "The Knight Bus" - 2:52
  4. "Apparition on the Train" - 2:15
  5. "Double Trouble" - 1:37
  6. "Buckbeak's Flight" - 2:08
  7. "A Window to the Past" - 3:54
  8. "The Whomping Willow and the Snowball Fight" - 2:22
  9. "Secrets of the Castle" - 2:32
  10. "The Portrait Gallery" - 2:05
  11. "Hagrid the Professor" - 1:59
  12. "Monster Books and Boggarts!" - 2:26
  13. "Quidditch, Third Year" - 3:47
  14. "Lupin's Transformation and Chasing Scabbers" - 3:01
  15. "The Patronus Light" - 1:12
  16. "The Werewolf Scene" - 4:25
  17. "Saving Buckbeak" - 6:39
  18. "Forward to Time Past" - 2:33
  19. "The Dementors Converge" - 3:12
  20. "Finale" - 3:24
  21. "Mischief Managed!" - 12:10
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. 2,0 2,1 "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 
  3. "Harry Potter e o preso de Azkaban na TVG". Diario Siglo XXI. 26 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  4. "Actor Richard Harris dies". BBC News. 25 de outubro de 2002. Consultado o 10 de outubro de 2007. 
  5. "Dumbledore and Sirius cast for Azkaban". Newsround. 21 de febreiro de 2003. Consultado o 10 de outubro de 2007. 
  6. Schmitz, Greg Dean. "Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (2004)". Yahoo! Movies. Consultado o 10 de outubro de 2007. 
  7. 7,0 7,1 "Alfonso Cuaron: the man behind the magic". Newsround. 24 de maio de 2004. Consultado o 10 de outubro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]