Saltar ao contido

Alaunus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na relixión celta, Alaunus ou Alaunius é un deus galo do sol, da curación e das profecías. O seu nome é coñecido polas inscricións atopadas en Lurs, Francia, (na forma dativa Αλα[υ]νειουι) e en Mannheim, na Alemaña occidental. Na última inscrición, Alaunus é usado como un epíteto de Mercurio.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Na tentativa de coñecer a etimoloxía deste teónimo, é importante ter en conta que este non se refire só a deidades, senón que tamén é usado na topónimo e como hidrónimo. En tempos dos romanos, na súa forma feminina, por exemplo, era costume referirse ó Valognes romano de Normandía, a Maryport romana en Cumbria, a Alcester romana en Warwickshire, ó Watercrook romano en Natland, ó Low Learchild romano en Devil's Causeway en Northumberland, a Ardoch en Perthshire e ó río Aln en Northumberland. A colección de referentes para esta palabra, xunto coas alternancias masculinas e femininas que expón, suxire que a palabra é un adxectivo, cun sufixo *-n- de oración adxectiva usado para formar adxectivos en moitas linguas indoeuropeas (cf. -n- en cani-n-us, latín, ‘canidae', en cani-s do latín, ‘can’, en roma-n-us do latín, en Roma do latín, ‘Roma’; en wood-en vindo de wood e en ash-en vindo de ash, ambos do inglés moderno).

O galés ten a verba alaw, ‘harmonía, melodía’, e o nome pode representar un adxectivo significando 'melodioso, harmonioso' derivado do precursor romano-británico desta palabra.

  1. L'Arbre Celtique, entradas para Alaunus e Alaunius.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ellis, Peter Berresford, Dictionary of Celtic Mythology(Oxford Paperback Reference), Oxford University Press, (1994): ISBN 0-19-508961-8
  • Wood, Juliette, The Celts: Life, Myth, and Art, Thorsons Publishers (2002): ISBN 0-00-764059-5

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]