Saltar ao contido

Abellio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Altar votivo dedicado a Abellio atopado en Garin, Alta Garona. Conservado no Musée Saint-Raymond de Tolosa.

Abellio (tamén coñecido como Abelio, Abellion ou Abelion) é un deus celta da Galia antiga. Foi venerado no territorio dos Pireneos franceses e na zona que hoxe se corresponde coa rexión de Comminges[1]. Tendo en conta o bo número de restos arqueolóxicos que se lle atribúen e a súa reducida extensión xeográfica de culto, é doado supoñer que se trataba dun deus dos máis importantes. Crese que era unha divindade relacionada coas maceiras.

Inscrición dedicada a Abellio na igrexa de Saint-Aventin, Alta Garona.
  1. Schmitz, Leonhard (1867). "Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology" 1: 2. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2005. Consultado o 8 de agosto de 2013.