Vestio Alonieco
Vestio Alonieco | |
---|---|
Deus dos animais, comercio, fertilidade e caza | |
Deus Vestio Alonieco imaxinado por unha intelixencia artificial. | |
Animais | Cervo |
Símbolos | Cornos |
Rexión | Gallaecia |
Grupo étnico | Galaicos |
Vestio Alonieco era un dos deuses galaicos, vinculado a tradición céltica centro-europea e comparado co deus Cernunnos polas representacións desta divindade como antropomorfos con coroa e cornos, tal e como se amosa nun relevo atopado en Lourizán próximo a dúas aras adicadas a esta divindade.[1]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
De acordo con André Pena Graña, o nome de Vestio provén da raíz indoeuropea *Uest-io posiblemente "hospedeiro, accomodation provider", como *gwest mais o sufixo latino -ius; é comparable ao latín hostpit-, de hosti-pot(i)s, *protector dos estranxeiros, hospes, "hospedeiro, invitado, estranxeiro", e semellante ao inglés antigo giest; ao gótico e neerlandés gast; ao antigo eslavo gost, e o antigo frisón jest, [jesthus, hoxe gasthuis, "hospital"].[2] Segundo o mesmo autor, Alon-ieco provén posiblemente de *al, *h₂el-, do concepto indoeuropeo para alimentar, engordar, nutrir. Al-an* "nútrense, medran"; got. al-jan* (1) 3, sw. V. (1), "engordar" W.: xerm. *alan, st. V., sich nähren "nutrir", Pk 26; ae. al-an, st. V. (6), nähren, hervorbringen; "nutrir, abastecer"] as almas.
Epigrafía[editar | editar a fonte]
As inscricións dedicadas ao deus Vestio Alonieco foron descubertas na parroquia de Lourizán en Pontevedra, na forma de tres aras votivas.[2] As aras foron descubertas encaixadas nun muro, e estaban decoradas con esvásticas, unha cun anepígrafe, e as outras dúas consagradas ao Deo Vestio Alonieco.
Descrición[editar | editar a fonte]
O deus aparece como un humano con cornos e co queixo alongado.[3] Ten os brazos en cruz rematados nunhas amplas mans abertas. Cuevillas foi o primeiro en relacionalo co deus irlandés Lugh e o seu epíteto "lamfada" (o da man longa) que xunto con dúas esvásticas gravadas nas súas aras veñen a confirmar as características solares desta divindade, xa que ambos os rexistros iconográficos (mans longas e esvásticas) adoitan aparecer asociados noutros paralelos europeos que teñen un mesmo significado solar que comparte con Lugh e Cernunnos, deuses célticos tamén solares e cornudos.[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Vestio alonieco, nueva deidad galaica" en Archivo español de arqueología., Vol. 19, No. 63 (1946), p. 110 e "Las aras romanas de Lourizán", en El Museo de Pontevedra, entrega 12, 1944, Bouza Brey, Fermín, 1944
- ↑ 2,0 2,1 André Pena Graña. "A culltura castrexa inexistente. Constituicao política celta das galaicas trebas e toudos. Etno-arqueoloxía institucional" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Las estatuas de PorcunaI, estatuas de guerreros" Boletín de la Real Academia de Historia,1987,405-445 [1]
- ↑ "Los pueblos de la Galicia céltica" Francisco Javier González García, Alvaro Arizaga Castro, Ediciones AKAL, 2007