Alberto Casero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1978 (45 anos) Cáceres, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Partido Popular 3 de decembro de 2019 – 3 de marzo de 2023 – María Dolores Marcos Moyano → Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Estremadura |
Actividade | |
Lugar de traballo | Trujillo Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | Comité Executivo Nacional do PP (2017–) |
Outro | |
Condenado por | embezzlement of public funds (en) (2023) Prevaricación (2023) |
Alberto Casero Ávila, nado en Cáceres o 15 de novembro de 1978, é un político estremeño do Partido Popular, deputado no Congreso dos Deputados. Foi alcalde de Trujillo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en dereito pola Universidade de Estremadura. Militou dende os dezaoito anos nas Novas Xeracións do Partido Popular. En 2001 a militancia elixiuno presidente provincial da organización en Cáceres, posto que mantivo ata 2006 e asemade foi membro da súa executiva nacional.
En 2003 converteuse no deputado máis novo da Asemblea de Estremadura, e pouco despois tamén asumiu a vicesecretaría xeral do PP na provincia de Cáceres, alén de ser membro da dirección do Partido Popular de Estremadura. Dende 2007 é secretario xeral do Partido Popular da provincia de Cáceres, e ao tempo presidente da agrupación local de Cáceres, que xa viña exercendo dende 2005.
En xuño de 2011 accedeu á alcaldía de Trujillo tras gañar o seu partido as eleccións locais co 64,68% dos votos, unha maioría absoluta que revalidou en 2015 co 54,87%.[1][2]
Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixido senador pola provincia de Cáceres, cargo que compatibilizou co de alcalde. Nas eleccións xerais de 2019 encabezou a lista ao Congreso dos Deputados polo Partido Popular na provincia de Cáceres.
Dende finais de 2021, Alberto Casero Ávila ten aberta unha investigación por un posíbel delito de prevaricación continuada.[3] Saltou á primeira liña informativa o 3 de febreiro de 2022 cando, por erro, votou telematicamente a prol da revalidación do decreto de Reforma Laboral proposto polo goberno de Pedro Sánchez,[4] cando todo o seu partido político votou en contra. Sen o voto favorable de Alberto Casero o devandito decreto non tería sido revalidado.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alberto Casero vuelve a ser reelegido alcalde de Trujillo". El Periódico Extremadura (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2017.
- ↑ "Resultados Electorales en Trujillo: Elecciones municipales 2015 en EL PAÍS". Consultado o 17 de xuño de 2015.
- ↑ Pinheiro, Marcos (3 de febreiro de 2022). "Alberto Casero, el fontanero del PP investigado por corrupción que se ha equivocado al votar la reforma laboral". El Diario. Consultado o 3 de febreiro de 2022.
- ↑ https://www.alertadigital.com/2022/02/03/a-veces-las-apariencias-no-enganan-este-es-alberto-casero-el-botarate-e-inutil-diputado-del-pp-que-ha-decantado-la-balanza-a-favor-de-la-reforma-laboral-al-errar-el-voto/
- ↑ ""El congreso convalida la reforma laboral"".
- ↑ ""El error de un diputado del PP salva la reforma laboral"".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Casero |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de datos no sitio web do Congreso dos Deputados.
- Ficha de datos no sitio web do Senado.
- Ficha de datos no sitio web da Asemblea de Estremadura.
- Alcaldes de Estremadura
- Senadores de España polo PP
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados da Asemblea de Estremadura
- Nados en 1978
- Nados en Cáceres
- Alumnos da Universidade de Estremadura