Saltar ao contido

Alberto Jiménez Benítez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Jiménez Benítez
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
La Oliva, España Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2013   CD Tenerife B 57(5)
2012–   CD Tenerife
2014–2015 cesión   Valencia CF Mestalla 24(1)

Alberto Jiménez Benítez, nado en La Oliva o 15 de novembro de 1992, é un futbolista español que xoga no Albacete, cedido polo Tenerife. Xoga principalmente como defensa central, aínda que tamén o pode facer como centrocampista defensivo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Fuerteventura e no Tenerife, e na tempada 2011/12 debutou co Tenerife B na Terceira División. Na seguinte tempada estreouse co primeiro equipo na Segunda División B, disputando 17 partidos e marcando 3 goles, cos contribuíu ao ascenso á Segunda División, despois de derrotar na promoción ao Hospitalet.[1]

O 18 de agosto de 2013 disputou o seu primeiro encontro na categoría de prata, da man do adestrador Álvaro Cervera, nun partido contra o Alcorcón no que entrou na segunda parte como substituto de Óscar Rico.[2] Xogou un total de 10 partidos durante a tempada, a metade deles como titular, mentres que na seguinte saíu cedido ao Valencia Mestalla, de Segunda B.

Tralo regreso da súa cesión afianzouse durante anos no equipo titular do Tenerife, co que superou os 200 partidos e co que disputou unha promoción de ascenso a Primeira División na 2016/17.

Na tempada 2021/22 non entrou nos plans do adestrador Ramis, polo que disputou só un partido durante a primeira metade da campaña. En xaneiro de 2022 saíu cedido ao Albacete, da Primeira División RFEF, para suplir a baixa de longa duración de Sergi Maestre.[3][4] Fíxose rapidamente coa titularidade no equipo adestrado por Rubén de la Barrera e acabou a liga na terceira posición, clasificándose para a promoción de ascenso a Segunda. Participou na vitoria de semifinais contra o Rayo Majadahonda en Balaídos e unha semana despois tivo un papel protagonista na final ante o Deportivo da Coruña. Nun estadio de Riazor ateigado, entrou como substituto de Riki Rodríguez na segunda parte, cando o equipo manchego perdía por 1-0, e no minuto 82 anotou o gol que empatou o partido e forzou a prórroga. O Albacete acabou logrando o ascenso despois de que Jordi Sánchez culminase a remontada.[5]

  1. "Se cumplen siete años del ascenso del CD Tenerife a LaLiga SmartBank" (en castelán). 2 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  2. "1-0. Juli, en el descuento, lidera el estreno liguero del Alcorcón" (en castelán). 18 de agosto de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2022. [Ligazón morta]
  3. "Alberto Jiménez jugará cedido en el Albacete Balompié" (en castelán). 10 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  4. Carrizo, Juan (10 de xaneiro de 2022). "El Albacete anuncia la cesión de Alberto Jiménez" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  5. Barreiros, Pedro (11 de xuño de 2022). "A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]