La Oliva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.099 (2023) (81,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 356,13 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 219 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1500 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Claudina Morales Rodriguez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35640 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35014 | ||||
Sitio web | laoliva.es |
La Oliva é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Canarias. Está situado no norte da illa de Fuerteventura. La Oliva foi a capital da illa ata 1880.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Neste municipio atópanse dous parques naturais, o Parque Natural de Corralejo, que inclúe as súas singulares dunas, e o Parque Natural do Illote de Lobos, que comprende a illa de Lobos en toda a súa extensión, que lle pertence administrativamente.
A Montaña de Tindaya, un dos principais xacementos de manifestacións rupestres da illa, era considerada máxica polos guanches.
A vexetación do municipio está caracterizada pola matogueira espinos (como a aulaga ou a matamoros).
Destacan as praias do Cotillo e Corralejo o que permitiu o desenvolvemento turístico do municipio. Nas súas costas danse as condicións necesarias para a práctica de deportes como o surf, o wíndsurf, submarinismo etc.
Demografía
[editar | editar a fonte]Os principais núcleos de poboación son Corralejo (13.618 habitantes), Villaverde (1.525 habitantes) e La Oliva (1.295 habitantes) (INE 2008).
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.464 | 2.287 | 1.964 | 2.250 | 3.790 | 10.578 | 22.351 |
Lugares de interese cultural
[editar | editar a fonte]- Casa de los Coroneles: fundada en 1650, en tempos señoriales, o edificio albergaba aos coroneis das milicias. Ostentaban o poder militar e a partir do século XVIII tamén o civil.
- Casa de la Cilla: antigo almacén, actualmente é sede do Museo do gran. Este museo está dedicado ás tarefas agrícolas ao redor da obtención do gran.
- Monumento a Unamuno: Miguel de Unamuno estivo desterrado uns meses en Fuerteventura en 1924. É obra do escultor Juan Borges Linares e está situada en Montaña Queimada.
- Centro de Arte Canario: expón arte contemporánea desenvolvido por artistas canarios.