Santa Lucía de Tirajana
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Santa Lucía de Tirajana (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 75.677 (2023) (1.229,32 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 61,56 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 680 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Silverio Matos Perez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35110 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35022 | ||||
Sitio web | santaluciagc.com |
Santa Lucía de Tirajana é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Áchase entre os municipios de San Bartolomé de Tirajana (do cal sepárao o barranco de Tirajana) e Agüimes (do que está separado polo barranco de Balos).
Posúe dúas zonas con características ben diferenciadas:
- A zona costeira, onde actualmente vive case toda a súa poboación, na que destacan os núcleos urbanos de Vecindario, El Doctoral, Sardina del Sur e Pozo Izquierdo (onde se celebran anualmente probas do campionato mundial de wíndsurf).
- As medianías, zona de poboamento máis escaso e tamén máis tradicional.
A súa principal actividade económica é o comercio, acompañada da agricultura (tomate, flores etc., cultivados principalmente en invernadoiros), aínda que gran parte da poboación traballa no sector turístico de San Bartolomé de Tirajana ou en pequenas industrias locais (sobre todo, no veciño polígono industrial de Arinaga, pertencente ao municipio de Agüimes).
Forma unha mancomunidade municipal (Mancomunidade do Sueste) cos municipios de Agüimes e Ingenio, comarca que desde a chegada á democracia en España coñeceu un intenso desenvolvemento demográfico, económico e social.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Lucía de Tirajana |