Saltar ao contido

Agüimes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAgüimes
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°53′N 15°26′O / 27.88, -15.43
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
CapitalAgüimes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.643 (2023) Editar o valor en Wikidata (411,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie79,28 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude275 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSebastián Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Morales Mendez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orzamento38.000.000 € Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35260, 35269, 35270, 35118 e 35119 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35002 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaguimes.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450669

Agüimes é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Posúe varios espazos naturais protexidos.

O municipio ten hoteis e casa de curto aloxamento para poder desenvolver o turismo rural, o que atrae varios centos de visitantes ao ano. Posúe tamén un polígono industrial (o de Arinaga) no que se aloxan máis de 700 empresas.

Vista da vila de Agüimes

O Agüimes actual foi fundado en 1491 sobre un importante asentamento aborixe logo de terminada a conquista castelá de Gran Canaria. Foi creado como vila baixo señorío episcopal por orde dos Reis Católicos, e outorgado á Igrexa como compensación pola colaboración desta durante a conquista. O territorio agüimense alberga diversos asentamentos prehispánicos de grande importancia: o propio centro histórico de Agüimes, Guayadeque e Temisas.

A súa riqueza hídrica, grazas aos cursos de auga provenientes da conca do barranco de Guayadeque, permitiu tras a conquista os primeiros cultivos de cana de azucre. Máis modernas son as explotacións de tomate e cogombro na zona de Arinaga destinadas á exportación.

Do mesmo xeito que no resto do sueste de Gran Canaria, parte da poboación de Agüimes optou no pasado pola emigración a Cuba, Porto Rico e outros países de América. Actualmente é unha zona de inmigración, beneficiada polo auxe do turismo no sur da illa e doutras actividades de servizos. Hai que sinalar ademais a puxanza da zona industrial de Arinaga, en torno ao porto homónimo.

Localidades

[editar | editar a fonte]
  • Cruce de Arinaga
  • Playa de Arinaga
  • Agüimes
  • Polígono de Arinaga
  • Montaña Los Vélez
  • Las Rosas
  • La Banda
  • Temisas
  • Llanos Prietos (Los Espinales)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]