Promoción de ascenso a Segunda División 2022
Localización e Datas | |
---|---|
País | España ![]() |
A promoción de ascenso á Segunda división española 2022 disputouse en xuño de 2022, tralo remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF. Foi a primeira promoción de ascenso que se disputou dende a Primeira División RFEF, que celebrou durante esa tempada a súa primeira edición.
Equipos clasificados[editar | editar a fonte]
Os equipos clasificados para disputar a promoción de ascenso a Segunda División foron os seguintes:
Pos | Grupo 1 | Grupo 2 | |||
---|---|---|---|---|---|
2° | ![]() |
![]() | |||
3° | ![]() |
![]() | |||
4° | ![]() |
![]() | |||
5° | ![]() |
![]() | |||
En negra, equipos que ascenderon a Segunda División. |
Sistema de competición[editar | editar a fonte]
O sistema de competición foi avanzado ao comezo da tempada pola RFEF.[1]
Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF, ascenderon de xeito directo á Segunda División os dous equipos que remataron na primeira posición en cada un dos dous grupos. Puxéronse en xogo ademais outras dúas prazas de ascenso, nunha promoción a disputar entre os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar en cada un dos dous grupos da Primeira RFEF.
Desenvolveuse en Galicia,[2] en formato de concentración, e consistiu en dúas eliminatorias a partido único nas que os encontros foron determinados polo posto da clasificación, enfrontando aos que obtiveron unha mellor clasificación contra os que obtiveron unha peor. En caso de empate xogaríase unha prórroga e en caso de persistir o empate, pasaría o mellor clasificado na fase regular.
Os dous clubs gañadores da segunda eliminatoria ascenderon á Segunda División.
Sedes confirmadas[editar | editar a fonte]
Os estadios designados para a disputa dos partidos foron o estadio de Riazor da Coruña, Balaídos de Vigo e A Malata de Ferrol. A asignación de estadio para cada partido veu determinada polas necesidades de entradas de cada un dos clubs participantes.[3]
A Coruña | Ferrol | |
---|---|---|
Estadio de Riazor | Estadio da Malata | |
Capacidade: 32,490[4] | Capacidade: 9,426[4] | |
![]() |
![]() | |
Vigo | ||
Estadio de Balaídos | ||
Capacidade: 17,600[4] | ||
Cadros[editar | editar a fonte]
Semifinais | Final | ||||||
4 de xuño | |||||||
![]() |
4 | ||||||
![]() |
0 | ||||||
11 de xuño | |||||||
![]() |
1 | ||||||
![]() |
2 | ||||||
4 de xuño | |||||||
![]() |
2 | ||||||
![]() |
1 |
Semifinais | Final | ||||||
5 de xuño | |||||||
![]() |
3 | ||||||
![]() |
1 | ||||||
11 de xuño | |||||||
![]() |
2 | ||||||
![]() |
0 | ||||||
5 de xuño | |||||||
![]() |
0 | ||||||
![]() |
1 |
Eliminatorias[editar | editar a fonte]
Semifinais[editar | editar a fonte]
Disputáronse catro eliminatorias a partido único entre o 4 e o 5 de xuño. Os catro gañadores clasificáronse para a fase final.
Deportivo da Coruña - Linares Deportivo[editar | editar a fonte]
Semifinal 1 4 de xuño de 2022 | Deportivo da Coruña ![]() |
4 – 0 | ![]() |
A Coruña | ||
21:00 CEST | Quiles ![]() ![]() Soriano ![]() Bergantiños ![]() |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 26.177[5] Árbitro: ![]() | |||
Albacete - Rayo Majadahonda[editar | editar a fonte]
Semifinal 2 4 de xuño de 2022 | Albacete ![]() |
2 – 1 | ![]() |
Vigo | ||
18:00 CEST | Jordi Sánchez ![]() Rubén Martínez ![]() |
Informe | Néstor ![]() |
Estadio: Balaídos Asistencia: 450[5] Árbitro: ![]() | ||
Villarreal B - UD Logroñés[editar | editar a fonte]
Semifinal 3 5 de xuño de 2022 | Villarreal B ![]() |
3 – 1 | ![]() |
Ferrol | ||
18:00 CEST | Del Moral ![]() De la Fuente ![]() Iosifov ![]() |
Informe | Duba ![]() |
Estadio: A Malata Asistencia: 495[5] Árbitro: ![]() | ||
Racing de Ferrol - Gimnàstic[editar | editar a fonte]
Semifinal 4 5 de xuño de 2022 | Racing de Ferrol ![]() |
0 – 1 | ![]() |
Vigo | ||
18:00 CEST | Informe | Nil Jiménez ![]() |
Estadio: Balaídos Asistencia: 4.661[5] Árbitro: ![]() | |||
Finais[editar | editar a fonte]
Participaron os catro equipos gañadores da primeira eliminatoria, en enfrontamentos a único partido os días 11 e 12 de xuño. Os dous equipos gañadores ascenderon á Segunda División.
Final 1[editar | editar a fonte]
Final 1 11 de xuño de 2022 | Deportivo da Coruña ![]() |
1 – 2 | ![]() |
A Coruña | ||
18:00 CEST | Soriano ![]() |
Alberto Jiménez ![]() Jordi Sánchez ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 27.212[6] Árbitro: ![]() | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Deportivo da Coruña
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Albacete
|
|
|
Árbitro principal:
|
Final 2[editar | editar a fonte]
Final 2 11 de xuño de 2022 | Villarreal B ![]() |
2 – 0 | ![]() |
Vigo | ||
21:00 CEST | Nicolas Jackson ![]() ![]() |
Estadio: Balaídos Árbitro: ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Villarreal B
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Gimnàstic
|
|
|
Árbitro principal:
|
Predecesor: Promoción de ascenso a Segunda División 2021 |
Promoción de ascenso a Segunda División 2022 |
Sucesor: Promoción de ascenso a Segunda División 2023 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Normas reguladoras y bases de competición de Primera RFEF" (PDF). Real Federación Española de Fútbol.
- ↑ "Galicia y Alicante, sedes de las fases de ascenso de 1ª RFEF y 2ªB-2ªRFEF.". Real Federación Española de Fútbol. 16 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2022. Consultado o 30 de maio de 2022.
- ↑ "Riazor, A Malata y Balaídos, sedes del Play Off de ascenso". RFEF (en español). 5 de mayo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2022. Consultado o 5 de mayo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "El Racing jugará en Balaídos". Diario de Ferrol (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de maio de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 De la Cruz, Luis (6 de xuño de 2022). "El récord de Riazor salva la cara a un playoff desangelado". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ Barreiros, Pedro (11 de xuño de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xuño de 2022.