Alejo Diz Jurado
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1885 ![]() Tui, España ![]() |
Morte | 30 de outubro de 1936 ![]() Tui, España ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , médico ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dos comerciantes Ignacio e Gerarda, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela e casou, en 1915, con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Foi o primeiro alcalde republicano da vila. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España.[2] Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera,[3] no que asinaba co pseudónimo Criticón B.[1] Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Vodas_de_prata_%281932%29_da_promoci%C3%B3n_de_1907._Na_fila_do_medio_Roberto_N%C3%B3voa_Santos_%28terceiro_pola_esquerda%29_e_Alejo_Diz_Jurado_%28cuarto_pola_dereita%29.jpg/300px-Vodas_de_prata_%281932%29_da_promoci%C3%B3n_de_1907._Na_fila_do_medio_Roberto_N%C3%B3voa_Santos_%28terceiro_pola_esquerda%29_e_Alejo_Diz_Jurado_%28cuarto_pola_dereita%29.jpg)
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro de 1936 en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Bugarín González, Rosendo e Bugarín Diz, Carmen (2015). "Alejo Diz Jurado, médico tudense, impulsor do seguro de enfermidade" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 21: 74–76.
- ↑ "Para estudiar la implantación del seguro de socorro por enfermedad" La Vanguardia, 12/7/1934 (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Álvarez Blázquez, Darío (2005). "Diz jurado, Alejo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejo Diz Jurado ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Deputación, ed. Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra. ISBN 978-84-612-2481-4.
- Simón Lorda, David (2005) "Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959)"
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): Galenos de Galicia: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 84–90.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alejo Diz Jurado na páxina web Nomes e Voces.
Predecesor: Servando Albuerne Menéndez-Conde |
![]() Alcalde de Tui 1918 - 1922 |
Sucesor: Venancio Lorenzo Álvarez |
Predecesor: Francisco Baquero Pérez |
![]() Alcalde de Tui 1931 |
Sucesor: Benito Pérez Álvarez |