Alex Proyas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1963 ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Educación | Australian Film Television and Radio School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Australia ![]() |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, realizador ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alex Proyas, nado en Exipto o 23 de setembro de 1963, é un director de cine, escritor e produtor australiano. De pais gregos, á idade de tres anos trasladouse coa súa familia a Sydney.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro traballo como director foi un proxecto de adaptación ao cine da obra de banda deseñada The Crow co actor Brandon Lee, o cal morreu nun accidente durante a rodaxe, só a oito días de terminar o mesmo, en marzo de 1993. Logo da súa morte, Alex propúxose finalizar o filme coma homenaxe ao actor, para o que usou dobres e efectos especiais que lle permitisen acabar a película. The Crow foi finalmente estreada en maio de 1994 con grande éxito de crítica.
En 1998, escribiu e dirixiu a película de ciencia ficción e suspense Dark City, con malos resultados de vendas a pesar de obter gran cantidade de premios. En 2004 dirixiu I, Robot, baseada na obra homónima de Isaac Asimov, con Will Smith como actor principal. A película foi un éxito comercial pero obtivo división de opinións nas críticas.