Saltar ao contido

Alfred Radcliffe-Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfred Radcliffe-Brown

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAlfred Reginald Radcliffe-Brown
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Birmingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1955 (74 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTrinity College
King Edward's School (en) Traducir
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía cultural Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, sociólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cidade do Cabo
Universidade de Chicago
Universidade de Sydney
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Alfred Reginald Radcliffe-Brown, nado en Birmingham o 17 de xaneiro de 1881 e finado o 24 de outubro de 1955, foi un antropólogo inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Radcliffe-Brown naceu en Sparkbrook, Birmingham, Inglaterra. Estudou en Cambridge. Despois de estudar no Trinity College, viaxou ás Illas Andaman, na baía de Bengala, onde pasou dous anos (1906-1908). Logo trasladouse a Australia Occidental, para conducir investigacións de campo entre as sociedades que habitaron a rexión. Estudo as Relacións de parentesco e o sistema do totemismo entre os Kariera.

En 1916 ocupou o cargo de director de educación en Tonga, e en 1920 trasladouse a Cidade do Cabo para ser profesor de antropoloxía social na School of African Life durante cinco anos. Posteriormente ocupó cargos como profesor en Sydney (1925), Chicago (1931) e Oxford (1937). Durante os seus anos na Universidade de Chicago destacaron os seus estudantes Sol Tax e Fred Eggan. Finalmente volveu a Inglaterra en 1937 para ser profesor de antropoloxía social na Universidade de Oxford , cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1946. Morreu en Londres en 1955 (ano no que fundou o Instituto de Antropoloxía Social e Cultural en Oxford). Segundo Rodney Needham, a súa ausencia no Instituto durante os anos de guerra impediu que as súas teorías e visión tiveran unha grande influencia na antropoloxía de Oxford.

Radcliffe-Brown foi criticado por non ter en conta os efecto dos cambios sociais nas sociedades estudadas, incluíndo cambios resultantes do colonialismo occidental. Pero igualmente é considerado un dos pais da antropoloxía moderna antropoloxía social xunto con Malinowski. Estableceuse na Universidade de Oxford en 1946, reuniu os seus artigos máis importantes Structure and Function in Primitive Society.En 1952 Trasladouse a Suráfrica onde ensino antropoloxía social na Universidade de Grahamstow. Volve a Inglaterra en 1955 gravemente enfermo

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Algunhas das ideas que Radcliffe-Brown desenvolveu ao longo da súa obra antropológica como No seu artigo O concepto de función en ciencia social publicado en 1935 onde Radcliffe-Brown explica a súa concepción desta idea clave no seu plantemiento da teoría da función social. O resto das súas obras estaban en embrión no Mutual aid, a principal obra de Kropotkin. Radcliffe-Brown ten influencias da socioloxía francesa (en particular de Émile Durkheim), que contribuíu no desenvolvemento da antropoloxía británica. Construíu unha batería de conceptos rigorosos para dar unha visión científica e etnografica. Aínda que xeralmente o rexeitou, Radcliffe-Brown foi asociado coa socioloxía estruturalista, e pode ser considerado o pai do funcionalismo estrutural. Outra característica do peensamento de Radcliffe-Brown e usa a analoxía como unha forma de argumento.

  • 1912, The Distribution of Native Tribes in Part of Western Australia.
  • 1913, Three Tribes of Western Australia.
  • 1922, The Andaman Islanders; un estudo da antropoloxía social.
  • 1926, Arrangements of Stones in Australia.
  • 1931, Social Organization of Australian Tribes.
  • 1940, On Joking relationships.
  • 1952, Structure and Function in Primitive Society.
  • 1957, A Natural Science of Society, en base a unha serie de conferencias na Universidade de Chicago en 1937 e publicado postumamente polos seus alumnos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barnard, Alan (1992). History of the Human Sciences.