Alfredo García Caramés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1915 Liripio, España |
Morte | 7 de marzo de 2006 (90 anos) Liripio, España |
Actividade | |
Ocupación | albanel, militar |
Alfredo García Caramés, nado en Cabanelas (Liripio, A Estrada) o 20 de decembro de 1915 e finado no mesmo lugar o 7 de marzo de 2006, foi un albanel e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na República marchou traballar de albanel a Madrid e afiliouse á CNT. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno en Madrid e alistouse nas milicias gallegas. Foi membro do Batallón de Milicias Populares Galegas e escolta e chofer de Enrique Líster. Coa caída da República pasou a Francia e estivo internado nos campos de Argelès-sur-Mer, Vernet d'Ariège e Bacarès. Marchou a México, arribando a Nuevo Laredo o 29 de febreiro de 1940.[1] Traballou nun almacén de cereais. Permaneceu en México ata 1956, cando volveu a Galicia.[2] Marchou novamente ao ano seguinte, e volveu en varias ocasións, para regresar definitivamente en 1962. Estableceuse primeiro na Coruña e dedicouse á construción, despois instalouse en Marín, para finalmente retornar a Cabanelas. Finou en Cabanelas o 7 de marzo de 2006.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en Departamento de Migración. Secretaría de Gobernación de México
- ↑ La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 14-10-1999, p. 46.
- ↑ La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 9-3-2006, L10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alfredo García Caramés, o de Cabanelas". Tabeirós-Montes (8): 6–7. 1999.
- García, Valentín (2001). "Alfredo García Caramés: Lister e a súa peripecia dende Cabanelas" (PDF). Actas do Congreso Internacional "O exilio galego". Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. pp. 1798–1812. ISBN 84-96530-29-9.
- García, Valentín (2005). Un soldado da historia. Alfredo García Caramés, asistente de Líster (1936-1939). Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-193-6.